voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

A voceira nacionalista pregúntase qué foi das promesas electorais socialistas e censura que o Partido Popular rexeitara antes dúas veces os mesmos orzamentos que agora vota favorablemente

Ornela F. Salgado califica os orzamentos de Vilaboa para o 2008 unha estafa do goberno socialista aos seus electores

 

(infobloque-vilaboa.com 24/09/08) O BNG de Vilaboa voltou a rexeitar por terceira vez os orzamentos do goberno socialista para o presente ano 2008. Ao igual que nas dúas anteriores ocasións o Psoe mostra unhas contas nas que se deixan entrever a falta de ideas e de proxectos solventes para Vilaboa.

A voceira nacionalista Ornela F. Salgado defendeu durante a súa intervención que estes orzamentos agora apoiados polo Partido Popular son as contas dunha parte da clase política de Vilaboa que non é capaz de ir máis alá que do punto de luz e do chapapote nos camiños e preguntouse onde quedaron as numerosas e ambiciosas propostas coas que os socialistas concurriron ás derradeiras eleicións municipais.

Fixo fincapé que as partidas destinadas a investimentos non sufriron ningún cambio, sendo unha cantidade irrisoria, algo máis de 160.000 euros, o que  representa un 6% do total dos orzamentos destinados para novas infraestructuras e servizos. O que ven a supor que o investimento por parroquia sexa de 32000 euros.

Tamén afirmou que segue sen aparecer por ningún lado partidas destinadas a adquisición de terreos para o Centro de Día e o Consultorio de Cobres. Segue sen aparecer ningunha partida destinada a aportación que o concello ten que facer para o proxecto do campo de herba sintéctica. Non se consigna ningunha partida para adquisición da rectoral de Santa Cristina, despois de manter unha xuntanza coa Comunidade de Montes de Santa Cristina, na que o concello dou o seu compromiso.

No referente aos servizos sociais, voltou a reafirmar o mesmo que xa dixera nas anteriores ocasións, a cantidade consignada non alcanza o  6% que a Lei estipula, nin incluíndo os gastos de persoal.

Son uns orzamentos a xuicio do BNG nos que non se reflexan as grandes promesas electorais do PSOE. Preguntouse onde está a partida destinada para o tanatorio, ou para o equipamento en novas tecnoloxías dos centros sociais do concello? Para cando ten pensado o grupo de goberno iniciar as xestións? Ou simplemente eran promesas electorais?

Afirmou que o concello de Vilaboa é o concello con menos porcentaxe de saneamento de toda a Ría de Vigo (o 60.3% do seu territorio). A desaparición dos fondos europeos que financiaban o POL (Programa Operativo Local), dedicado integramente ao saneamento e co que se saneou a maior parte de Vilaboa, non é merecedora de ningunha medida por parte do goberno municipal. Polo tanto, o concello renuncia a sanear as vivendas dos veciños e veciñas.

Para rematar felicitou ao Partido Popular e a o Psoe polo pacto de goberno acadado aínda que sexa de mínimos como eles afirmaron e criticou que o PP permita que saian adiante uns presupostos que recoñecen que son manifestamente mellorables, e que rexeitaron por dúas veces anteriormente.

comentarios recibidos (3)

Enviado por:Proba, 2008-09-25 06:51:34 PDT

3. é unha proba.

Enviado por: CACHAMUIÑA, 2008-09-25 06:45:15 PDT

2. teñámolo claro dunha vez; o Governo do Concello de Vilaboa formano Pp e Psoe, polo que é a ambolos dous a quen lle temos que pedir contas como resultado do seu traballo ó frente do Concello.
o papel do Bng é o de oposición, é está en solitario.

Enviado por:estelb, 2008-09-25 05:56:53 PDT

1. Seguimos e seguiremos estancados en este tipo de "política", feita para gañar simplemente as eleccións, poñerlle o brazo por enriba ó veciño para que vexa que realmente o conecello cumpliu poñendolle un punto de luz ou asfaltandolle a pista ata a súa casa. Un concello que en lugar de ir para diante, cada vez o atraso é maior. Custame entender que o pobo de Vilaboa non teña máis ambicións por vivir nun sitio mellor. CONFORMISMO NUNCA.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos