voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

A MEIRANDE PARTE DOS ACORDOS PLENARIOS DESTA LEXISLATURA SEGUEN SEN EXECUTAR

O BNG convocará un Pleno Extraordinario se o Psoe segue sen cumprir os acordos plenarios

(infobloque-vilaboa.com 20/12/08) No vindeiro pleno do mes de decembro o BNG vai demandar explicacións sobre os incumprimentos dos acordos plenarios por parte do grupo de goberno, advertindo ao alcalde e ao seu equipo que se non se executan os acordos tomados polo pleno convocarán un Pleno Extraordinario sobre o Estado do Municipio.

Desde que comezou este mandato municipal, xa fai máis de ano e medio, o BNG leva presentadas un gran número de iniciativas, tanto a través de mocións como de rogos. Algunhas delas foron apoiadas e aprobadas polo Pleno, pero “a día de hoxe a gran parte dos acordos plenarios seguen sen ser executados, o goberno do PSOE non moveu ningún papel nin dou ningún paso para cumprilas”, explica Ornela Fernández.

En abril deste ano o Pleno aprobou por unanimidade iniciar o deslinde con Marín, pasaron case oito meses e o concello aínda non iniciou ningún trámite. O mesmo ocorre coa comisión que se acordou crear no pleno de outubro para negociar a compra da Rectoral de Santa Cristina de Cobres. Neste mesmo mes aprobouse a aplicación da Lei de Memoria Histórica, acordando retirar todos os signos do franquismo que quedaban en algunhas fontes do municipio, e tamén segue sen facerse nada. As pingueiras da Casa de Cultura seguen sen ser arranxadas despois de que en varias ocasións se lles manifestase o problema. Rogos reiterados sobre o acondicionamento de pistas e parques ou arranxo de lavadoiros que seguen sen efectuarse.

“Exemplos como estes hai moitos, e o goberno o único que fai é dicir que xa están traballando e facendo as xestións necesarias para executar os acordos, pero o tempo pasa e segue sen haber resultados”, declara Ornela Fernández. O que se ven a pór de manifesto, unha vez máis, é o que o BNG leva dicindo desde fai tempo, a falta de capacidade xestora e de iniciativa e a desidia do goberno municipal.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

NOTICIAS RELACIONADAS

Vilaboa non solicitou ningunha axuda dotada con fondos europeos nos últimos dous anos (03/12/08)

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos