Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

CÁNDIDO ROSENDO XA ADVERTIRA DE QUE ARRANXAR AS TAXEAS ERA PRIORITARIO

Poceiro admite deficiencias nas obras de asfaltado da pista de Sobreira

(infobloque-vilaboa.com 05/01/09) O alcalde de Vilaboa Luis Poceiro asumiu no derradeiro pleno do ano 2008 que as cousas non se fixeron do todo ben no asfaltado da estrada de Sobreira. A preguntas do concelleiro do BNG Cándido Rosendo, admitiu que quedaron fóra do proxecto que o equipo de goberno e os técnicos municipais fixeron, 300 metros de estrada, elevar os 22 pozos de saneamento existentes, 200 metros de saneamento e o arranxo das principais taxeas que cruzan a estrada.

 

Cándido Rosendo alertou da gravidade de non reformar as taxeas xa que estas canalizan toda a abundante auga que descorre pola ladeira do monte de San Adrián e que no caso de atranco estragaría o firme como ven acontecendo ata o momento. Respondeulle a Luis Poceiro, tras este acusar ao BNG de facer oposición fácil criticando os fallos do goberno, que se quedaron fóra do proxecto 300 m de estrada ou a elevación dos pozos de saneamento para que non queden socavóns, a culpa é única e exclusivamente do equipo de goberno e lamentou que dentro de pouco haxa que volver a romper para amañar o que non se fixo agora pola mala xestión do Psoe.

As deficiencias no arranxo desta estrada poderían vir dadas das presas do Psoe por asinar o convenio coa Consellería de Política Territorial despois de que o BNG fixese unha campaña de recollida de sinaturas para demandar a mellora desta estrada. Daquela o BNG propuxéralle ao equipo de goberno que asinase un convenio coa Consellería de Política Territorial dado que o elevado custe das obras, estimado polo BNG en 300 mil euros, non podería ser asumido polo Concello. As presas do Psoe por xustificar unha xestión non que fixeran, levounos a presentar ao convenio un proxecto de anos atrás sin valorar se necesitaba melloras.

 

NOTICIAS RELACIONADAS

A documentación presentada polo Psoe demostra que tramitaron o convenio da estrada de Sobreira despois da campaña que fixo o Bloque (28/08/08)

Ducias de veciños asinaron xa para demandar un arranxo urxente da estrada de Sobreira (03/08/08)

comentarios recibidos (2)

Enviado por: doquenonhai, 2009-01-06 11:51:32 PST

2.  E como fixeron para deixar fóra 300 m de pista? Medírona a pasos? Pero de que escombreira intelectual saen os gobernantes de Vilaboa?

Enviado por: Detomeza, 2009-01-06 02:21:41 PST

1.  Vaia pesonaxe tendes de alcalde, sabedes os de Vilaboa a quen votades cando metedes os papeliños na urnas?

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

VOLTAR Á PORTADA

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.