Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Outro pleno máis marcado polas malas formas dos socialistas
A documentación presentada polo Psoe demostra que tramitaron o convenio da estrada de Sobreira despois da campaña que fixo o Bloque
(infobloque-vilaboa.com 28/08/08) O pleno do mes de agosto voltou a estar marcado unha vez máis polas malas formas do equipo de goberno socialista á hora de valorar e discutir as iniciativas da oposición. A recurrencia ao pasado e as acusacións de manipulación e engano aos veciños volven a ser os únicos argumentos do alcalde socialista para esconder a súa estulticia e falta de proxecto político para Vilaboa.
A orde do día do pleno estaba composta únicamente por mocións dos partidos da oposición. O equipo de goberno non someteu a descusión nengún tema, agás os meramente administrativos. As vacacións si que parecen que as toman en serio os socialistas.
A moción presentada polo BNG para demandar o arranxo da estrada que vai a Sobreira dende a N-554 foi o primeiro tema a tratar. Despois de que a voceira do BNG Ornela F. Salgado fixera a exposición de motivos, baseados na necesidade dun reasfaltado e unha recollida de pluviais que evite o rápido deterioro, o alcalde socialista Luis Poceiro arremeteu contra o BNG como nos ten acostumados nos últimos tempos.
Usando o seu recurso preferido, o de mirar ó pasado para ver que fixeron os outros, intentou deixar en evidencia a actuación do goberno do BNG de xa hai duas lexislaturas, manifestando que non se fixera nada nesa parroquia, ao que o ex-alcalde Xabier Míguez constestou nomeando parte das pistas arranxadas na parroquia de San Adrián polo goberno do BNG. Ante a evidencia dos feitos o alcalde intentou rectificar as anteriores acusacións insinuando que as obras se fixeran nun goberno de coalición cos socialistas, "antes había un equipo", afirmou.
O Psoe tamén intentou agachar a súa inactividade no tema acusando ao BNG de non "traer un duro para Vilaboa", como si os nacionalistas tivesen algunha responsabilidade na xestión do concello. A voceira nacionalista respondeulle ao Psoe que a súa desidia e a responsable de que a consellería de Política Territorial non invertiu prácticamente nada en Vilaboa no que levamos de lexislatura, se exceptuamos as obras de acondicionamento do rio Maior tralas riadas de hai dous anos, mentres noutros concellos asina convenios deste tipo a diario.
Finalmente quedou meridianamente demostrado que o goberno socialista de Vilaboa puxo en marcha a tramitación do convenio despois de que trascendera a campaña iniciada polo BNG para solicitar a mellora, xa que as datas de rexistro dos documentos son posteriores á presentación da moción o cinco de agosto. Os socialistas xustificaron o seu voto en contra na moción porque o convenio xa se ía asinar aínda que recoñeceron que a cantidade acordada non será suficiente para reasfaltar a estrada por completo quedando parte de pazos fora do proxecto.
LOCAIS SOCIAIS DE PAREDES E FIGUEIRIDO
O concelleiro nacionalista Tomás Boullosa tamén preguntou ao equipo de goberno polos plans para rematar os locais sociais das parroquias de Paredes e Figueirido. Tamén se interesou polo estado de abandono dalgunhas pistas da parroquia de Figueirido entre eles a da estación do tren. O BNG tamén solicitou a colocación da bandeira galega na casa de cultura de Riomaior.
este poceiro que crack é, vai e en dous días firma un convenio coa xunta, pedazo de alcalde
1. Enviado por: Luis, 2008-08-28 11:25:45 PDT
Un traballo ben feito, bloqueiros. Non caiades nas provocacións de Sisi Emperatriz e adiante con esa política de traballo en positivo. A ver se desta vou poder ir pola pista de Sobreira sen ir dando botes.