Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

O PLENO DE XUÑO DEIXA AO DESCUBERTO A DESIDA DO GOBERNO MUNICIPAL
Barcala bótalle a culpa do "bacheado" nos parques e paseos das praias a empregados do Concello

infobloque-vilaboa.com, 25/06/09. O pleno do mes de xuño celebrado na tarde de onte volveu a por de manifesto, esta vez máis acentuado ca en anteriores ocasións, a incapacidade e a desidia do goberno municipal socialista de Vilaboa para xestionar o día a día do noso Concello. Como ven sendo acotío nesta lexislatura están máis interesados en facer de oposición da oposición que de dar contas da súa xestión e dos proxectos de futuro que teñen para Vilaboa.

ASFALTADO NAS PRAIAS E PARQUES

O Tte. Alcalde Francisco Torres Barcala respondeu a pregunta da voceira nacionalista sobre a reparación do firme en parques e praias con asfalto reciclado, que el non deu a orde para que se empregara o citado material, que foi unha iniciativa "provisional" dun empregado municipal e que manifestou "non compartir", recoñecendo que procederon á súa retirada tras a denuncia do BNG. Salgado cuestionou a labor do concelleiro socialista xa que sendo o responsable da área fíxose unha actuación contra o seu criterio e que non foi supervisada polos responsables políticos.

LOCAL DA CANTEIRA DAS LAPAS EN PAREDES

Por unanimidade saíu adiante a moción do BNG para que se dote de equipamento ao local da Canteira en Paredes e se saque a concurso a cantina. No debate da moción, como non podía ser doutra maneira, o equipo de goberno intentou encamiñar o debate aos anos de goberno de Xabier Míguez como alcalde para xustificar que aínda non esté rematado o local. Míguez demandou que "se remate dunha vez o local, que levan seis anos de obras facendo hoxe un baño, para o mes colocando un poste de luz de segundo man..." Criticou tamén que se o equipo de goberno utilice materiais de segunda man para a construcción de instalacións municipais, en referencia á colocación de postes de alumeado de formigón de segunda man dentro do propio parque.

DESBROZADO DE PISTAS

Salgado denunciou tamén que algúns operarios municipais estén levando tarefas de desbrozado de pistas sen a maquinaria adecuada, facéndoa con fouciños, o que puxo outra vez de manifesto o descontrol que hai no goberno municipal, xa que "creía que se estaba facendo con desbrozadoras, porque temos doce", argumentou o alcalde. A voceira nacionalista reafirmouse en que a pista en cuestión foi desbrozada á man, sen rematala e deixando a broza ao borde da cuneta nalgúns tramos.

  

comentarios recibidos (3)

3. Enviado por: Adriano, 2009-06-30 01:38:17 PDT

A culpa é do alcalde, non ten capacidade de mando, nin capacidade para ser alcalde, non é lider nin xestor, non aporta nada positivo. Os veciños de Vilaboa téñen que saber O ALCALDE NON VALE.

2. Enviado por: Manolo, 2009-06-29 15:17:49 PDT

Esta claro que o barco esta a deriva totalmente,xa fan o que queren os operarios municipales ante a falta de control do seu responsable,iso cando fan algo,pa facer iso mais valia que fixeran o que fan o resto do ano,asi por o menos non dariamos a imagen tan pesima que da este concello,ou sera que Paco tenos pa tapar os "baches" da desidia do equipo de goberno,en fin Push, totalmente dacordo contigo, vaia pandilla que temos no concello asi nos vai.

1. Enviado por: Push, 2009-06-27 02:03:24 PDT

Conclusión: Vilaboa está gobernado polos funcionarios diante da falta de criterio dos políticos. Paco súmase publicamente ao pelotón do alcalde.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

 

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.