INTENSO DEBATE ENTRE OPOSICIÓN E GOBERNO NO DERRADEIRO PLENO DO ANO
O PSOE volve ao pasado para xustificar os seus erros de goberno
infobloque-vilaboa.com | 02/01/10 | (0) |
|

O partido socialista e o seu alcalde voltaron ao seu recurso favorito para intentar xustificar decisións de goberno que eles mesmo consideran erradas. Trátase de recurrir permanentemente ao pasado e ao insulto para ver que fixeron uns e outros, para, aínda recoñecendo que o fixeron mal intentar esculparse decindo que outros o fixeron pior.
Isto aconteceu no debate das mocións, tanto do BNG como do PP na que se lle esixía ao equipo d goberno que activase un mecanismo para regularizar a presenza da oposicón nos actos institucionais. Todo isto despois de que a concelleira de servizos soicais se negase a que os membros dos partidos da oposición acudisen ao acto institucional da comida de fin de ano que organiza o concello coas persoas maiores. Poceiro recoñeceu que esa medida foi un erro que asume aínda que a decisión a tomou a concelleira. Aludiu a rexedores anteriores, os cales, según Poceiro, tampouco invitaban á oposición, algo desmentido polos restantes partidos que afirmaron que dende sempre o que quixo ir a calqueira tipo de acto nunca se lle puxo impedimento.
Con todo, e pese a oposción do partido socialista, as dúas mocións presentadas tanto polo PP como polo BNG en termos parecidos sairon adiante e o equipo de goberno terá que presentar un borrador do regulamento de participación dos membros da corporación municipal nos actos institucionais. Tomás Boullosa, concelleiro do BNG xa adiantou no Pleno que si para a vindeira convocatoria non o apresenta o goberno, o seu grupo levará un para o seu debate.
ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA
A moción que apresentou o BNG para que o goberno municipal comece a implantar durante o 2010 a administración electrónica no noso concello saíu adiante por unanimidade. Nela tamén se demandaba que os mebros da corporación que así o demandasen, recibesen todas as comunicacións municipais mediante correo electrónico, algo que suporá un grande aforro en medios humanos e económicos.
NOITEBUS
O goberno tamén dou conta de que xa está en funcionamente a liña de NOITEBUS que o BNG demandara para as parroquias de Cobres dende antes do Nadal. A voceira nacionalista congratulouse desta decisión da Xunta, pero demandou do goberno municipal que a publicite, xa que de non ser así, de nada vale ter un servizo que a xente descoñece por completo.
OUTRO ANO PERDIDO
Salgado lamentou hoxe que o PSOE rematase o ano voltando ao insulto e ao discurso "de eu non o fago ben, pero o outros fixérono pior", un recurso utilizado en exceso durante este ano que acaba de rematar. "Un equipo de goberno, no que os caprichos persoais dunha concelleira son os que prevalecen e determinan a postura do alcalde, tal e como el recoñeceu o pasado mércores, é síntoma dun goberno débil que a única capacidade que demostra ter é a de dar espectáculos lamentables mes tras mes nos Plenos. Durante o ano 2009 demostrou ser un goberno carente de ideas, se exceptuamos a implantación do sistema de SMS, non se lle coñece outra iniciativa. Eles cren que as obras do Plan E poden lavarlle a cara a unha nefasta xestión, pero a cidadanía cada vez é máis consciente da realidade, que é a dun goberno no que falta preparación, iniciativa e ilusión e sobra moita, moita soberbia."
comenta esta noticia |

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|