O C.A.V. DAS SALINAS RECIBE O VISTO BO DO PLENO
Rexeitada a proposta do Goberno municipal de aumentar a periodicidade dos plenos

infobloque-vilaboa.com, 30/04/09. Cos votos en contra do BNG e do PP o Pleno da Corporación Municipal rexeitou onte a proposta do goberno socialista de aumentar a periodicidade das sesións plenarias, pasando a celebrar os plenos ordinarios cada dous meses en vez de mensualmente como acontece na actualidade. O PSOE na defensa da súa proposta alegou que moitos plenos carecen de contido, e que conleva a que se teña que invertir recursos administrativos en redacción de actas valeiras.
A voceira nacionalista Ornela Fernández Salgado rexeitou as alegacións do grupo de goberno, xa que segundo afirmou a maioría das sesións plenarias son amplas nos contidos e que as que se celebraron cunha orde do día cativa non son máis de tres ou catro nestes dous anos de lexislatura, e coincidindo cos meses de agosto ou con procesos electorais como o pasado mes de febreiro. De feito o pleno celebrado onte alongouse ata preto das doce da noite.
Tamén foi rexetiada a proposta socialista de eliminar o tope de vinte obras a dictaminar na Comisión de Urbanismo. Fernández Salgado incidiu en que a solución ao colapso na concesión de licenzas de obra non está no funcionamento da comisión, senón en que o Concello de Vilaboa hoxe en día necesita un técnico municipal adicado en exclusiva, para que ademáis de dictaminar os proxectos poida levar a cabo unha supervisión das obras que se realizan. Na actualidade o aparellador municipal adícalle dous días ao concello.
No pleno celebrado a noite pasada tamén se aprobaron mocións do BNG nas que se solicitaba que o Concello se dirisixa ao Goberno da Xunta para que non derogue o Decreto do Galego do Ensino, aínda que cos votos en contra do Partido Popular,, ou a inciativa defendida por Tomás Boullosa para que o se patrocine unha colección de libros infantís de "Os Bolechas", nos que se promocionan diversos lugares do país.
Tamén saiu a proposta do BNG para a construcción dun Centro de Atención a Visitantes nas Salinas de Vilaboa, para o cal se acordou a criación dunha comisión composta polas tres forzas políticas para elaborar propostas sobre o funcionamento e buscar o financiamento necesario.

comenta esta noticia

       |