Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

ACORDA TAMÉN PROHIBIR A CIRCULACIÓN DE CAMIÓNS NA PISTA QUE VAI O CEMITERIO
O Pleno aproba a proposta do BNG para arranxar a pista Outeiro-Casanova en Vilaboa

O BNG pide que se limite o tráfico de camións da pista do Toural ao cemiterio

Salgado demanda que se mellore a pista de Outeiro-Casanova en Vilaboa

infobloque-vilaboa.com, 01/05/09.A corporación de Vilaboa aprobou, por unanimidade, na sesión plenaria celebrada o pasado mércores, a moción presentada polo grupo municipal do BNG na que se solicitaba o arranxo da pista de Outeiro-Casanova, na parroquia de Vilaboa. O acordo consistía no asfaltado do seu firme e no acondicionamento das súas cunetas, na actualidade atuídas pola maleza procedente da chuvia.Neste sentido, esta mesma semana os usuarios e afectados deste vial presentaron no rexistro do Concello un escrito acompañado de sinaturas no que se solicitaba a mellora do vial.

 

O Pleno acordou incluír este vial entre as obras a acometer co plan anticrise que a Deputación Provincial leva meses anunciando, pero do que aínda non se ten ningunha previsión temporal de aplicación. “A mellora desta pista é necesaria, e de non ser posible facelo mediante eses fondos, o Concello debería asumir o seu acondicionamento”, expuxo Ornela Fernández Salgado, voceira do BNG.


Este vial é un exemplo máis do calamitoso estado de moito dos viais municipais do noso concello."O goberno municipal, ante a catastrófica situación deste e outros viais, debe acometer un programa de actuación a medio prazo no que, primeiro se lle dea prioridade aos viais que necesitan unha urxente reparación, xa que en moitos casos son case intransitables, e segundo que sexa rigoroso con todas aquelas actuacións que se levan a cabo neles, como obras de acometidas de saneamento, abastecemento de auga, realización de muros, etc que implican un deterioro dos viais e que ao finalizar as obras non se arranxan como é debido"afirmou Fernández Salgado.

 

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Durán, 2009-05-07 05:59:58 PDT

Boa falta fai.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.