voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

A campaña iniciada hoxe en Sobreira continuará a petición dos veciños no barrio de Pazos.

Ducias de veciños asinaron xa para demandar un arranxo urxente da estrada de Sobreira

(infobloque-vilaboa.com 03/08/08) Ducias de veciños e veciñas do barrio de Sobreira na parroquia de San Adrián de Cobres participaron da campaña emprendida polo BNG para que a estrada que comunica o barrio coa N-554 e con Marín sexa arranxada de forma urxente.

Esta estrada sofre un grave deterioro da plataforma que pon en perigo ao considerable tráfico que ten, xa que ao uso cotián dos veciños hai que engadirlle os moitos veciños de Marín que a usan para acudir aos seus postos de traballo na comarca de Vigo. Ademáis durante os fins de semana esta estrada tamén é moi usada polos que acceden á área recreativa do lago de Castiñeiras.

A voceira do BNG Ornela F. Salgado encabezou a representación do BNG na que se atopaban tódolos membros do grupo municipal, e explicoulle aos asistentes o contido da campaña a levar a cabo.

O Concello de Vilaboa solicitou en varias ocasións que a Deputación se fixese cargo desta estrada. Tamén o Concello de Marín, a instancias do BNG da localidade, solicitou o mesmo. Sen embargo, a Deputación nunca contestou a esta demanda e hai nulas expectativas de que o faga en sentido positivo.

O BNG de Vilaboa propón a asinatura dun convenio coa Consellería de Política Territorial para darlle unha solución urxente e axeitada á mellora da estrada de Sobreira.

A campaña de recollida de sinaturas que se inciou hoxe continuará no barrio de Pazos nas vindeiras semáns a petición dos veciños deste barrio que se desplazaron ata Sobreira. Os veciños e veciñas alí congregados mostraron unha total colaboración na campaña e así comprometéronse a recoller as sinaturas dos poucos veciños que quedaron sen asinar a petición.

comentarios recibidos (2)

2. Enviado por: Javier Collazo Alende, 2008-08-07 01:26:04 PDT

Os voi a hablar de la carretera a Sobreira, la cual esta en muy mal estado pero para algunos de vuestros es concejales si se circulava despacio aun se pasaba bien. Cuando tengais una reunian del BÑG preguntar es dicha reinión quien fue el que hizo este comentario en un lugar publico a una persona del lugar de Sobreira. Sin otra cosa que comentaros por no dejeros quedar mal me despido.

1. Enviado por: estelb, 2008-08-4 13:09:48 PDT

 esa estrada da pena, e en esa foto non se aprecia nin a cuarta parte de como está!
A situación actual do noso concello da pena!

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos