Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

AS PLUVIAIS BAIXAN POLA CALZADA POR ESTAR ATUÍDAS AS CUNETAS
Salgado demanda que se mellore a pista de Outeiro-Casanova en Vilaboa

 

infobloque-vilaboa.com, 25/04/09. A voceira do BNG de Vilaboa, Ornela Fdez. Salgado ven de rexistrar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno ordinario, na que se demanda a mellora do vial que baixa dende o lugar de Outeiro-Casanova a Outeiro do Gato na parroquia de Vilaboa. Os veciños láianse do mal estado da pista xa que ten as cunetas atuídas pola maleza e o escombro, o que obriga a que as pluviais descendan pola calzada os dias de choiva, contribuindo ao deterioro constante do firme ademáis do gran inconvinte para os que transitan por ela.

Na moción, Salgado solicita ao goberno municipal un adecentamento do vial así como a recuperación das cunetas. Este vial é un exemplo máis do calamitoso estado de moito dos viais municipais do noso concello. "O goberno municipal, ante a catastrófica situación de este e outros viais, debe acometer un programa de actuación a medio plazo no que, primeiro se prioricen os viais que necesitan unha urxente reparación xa que en moitos casos son casi intrasitables, e segundo que o goberno municipal sexa riguroso con todas aquelas actuacións que se levan a cabo neles, como obras de acometidas de saneamento, abastecemento de auga, realización de muros, etc que implican un deterioro dos viais e que ao finalizar as obras non se arranxan como é debido e que provoca un enorme deterioro dos viais, en algúns casos recén asfaltados" afirmou Salgado.

 

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

Moción presentada

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.