ESTE TIPO DE TRÁFICO PESADO DETERIORA GRAVEMENTE O VIAL ASFALTADO EN 1999
O BNG pide que se limite o tráfico de camións da pista do Toural ao cemiterio
Salgado demanda que se mellora a pista de Outeiro-Casanova en Vilaboa

infobloque-vilaboa.com, 26/04/09. O BNG advertiu en sesión plenaria que a estrada que comunica O Toural, capital municipal, co cemiterio está tendo un importante deterioro debido ao tránsito de camións procedentes da planta de formigón alí existente. Dábaselle un prazo ao alcalde para que chegase a un acordo coa planta de formigón para limitar o paso de camións.
A pista municipal foi asfaltada no ano 1999 e presenta un estado de deterioro que non se corresponde nin cos anos nin co uso que ten de tránsito normal. É usada tamén no percorrido a pé dos acompañamentos dos funerais.
O uso por parte dos camións da planta formigoneira é recente e produto dun pacto entre o alcalde e os propietarios da planta a cambio de mellores condicións no pago do formigón para uso da alcaldía. Deste acordo saíron perxudicados os veciñas e veciños do Toural e todos aqueles que teñen que transitar por ela os días de enterro.
A fin de rematar co deterioro desta pista o BNG de Vilaboa, a través da súa voceira presentou unha moción na que se propón que O Concello de Vilaboa limitará o uso da pista que vai desde O Toural ao cemiterio municipal por parte de camións de gran tonelaxe e que a Policía Local de Vilaboa velará polo cumprimento deste acordo, facéndoo cumprir en todos os seus términos.

comentarios recibidos (2)
2. Enviado por: Fochancas, 2009-04-27 14:13:28 PDT
Totalmente certo barrenas. No vial hai sinais de limitación de tonelaxe por ambas entradas, pero está claro que os da planta de formigón (co consentimento do Concello) pasan estas sinais polo forro......pena de vial, vai acabar como a maioría de titularidade municipal, porque case todos dan pena.
|
1. Enviado por: barrenas, 2009-04-26 10:42:37 PDT
O trafico xa esta limitado o que pasa que estes incumplen e trafico fai o loco.
|
comenta esta noticia

       |