UNHA MOCIÓN DO BNG DEMANDARÁ A MELLORA
Unha pista en Casaldesanta súmase á desfeita dos viais municipais
Salgado demanda que se mellore a pista de Outeiro-Casanova en Vilaboa (25/04/09)

infobloque-vilaboa.com, 17/06/09. A lista de viais prácticamente desfeitos polos que a duras penas se pode transitar é interminable en Vilaboa. Desta volta interesámonos por un vial en Casaldesanta na parroquia de Vilaboa e que remata na estrada provincial que sobe a Postemirón dende Acuña. Os arredor 100 metros de lonxitude deste vial son dificilmente transitables, tanto á pé como en vehículo, polo deterioro da capa de asfalto completamente desfeita que unida á pendente fai que o merrullo discorra por ela abaixo.
Para que o equipo de goberno actúe nela, o BNG presentará unha moción para o seu debate no vindeiro pleno do mércores 24 pedindo que se acomentan obras de mellora.
Salgado, voceira municipal do BNG, preguntouxe hoxe sobre o famoso "Plan Integral de reasfaltado de pistas" que promenteron durante a campaña electoral das eleccións municipais de 2007. "A crítica situación de moitos viais do noso concello, ten que obrigar ao goberno municipal a elaborar un plan de actuación integral urxente xa que moita xente pregúntase para que se paga o imposto de circulación se moitas pistas o que fan é destrozar os vehículos", declarou a voceira nacionalista.

comentarios recibidos (3)
3. Enviado por: Larache, 2009-06-23 04:20:51 PDT
La carretera de Larache esta mucho peor que eso y aqui nadie hace nada. Como esto siga así van a cambiar muchas cosas
|
2. Enviado por: vizarallas, 2009-06-18 06:00:32 PDT
Creo que a impotencia dos socialistas á hora se xestionar maniféstase en comentarios coma o de Juan González, facéndose pasar por supostos cabreados coa oposición que se lle fai ao goberno máis inútil da historia da democracia en Vilaboa. Aproveite as enerxías para xestionar e deisexe de facer o parvo, facer de oposición da oposición. E si ten "jaliñeiro", un par de oviños á semana a ver si descurrides algo. |
1. Enviado por: juan gonzález, 2009-06-17 10:34:59 PDT
Que cunplan lo prometido a rejatabla, que yo tengo sin asfaltar el trozo que va de casa al jaliñeiro.
A mi me destroza el vehículo, la carretilla, y voy a pedir una subvención para vehiculos no contaminantes.
Mira tu, que cuando gobernaba el BNG-PSOE, prometieron un monton de cosas buenas, oyes, y las cumplieron todas todas todas (igualdad, dependencia, infraestructuras, transparencia).
Con Franco no pasaba esto no. No se prometia nada, y listo , 40 años tardo en salir.
Que me asfalten el camino al jaliñeiro o voto al PP.
|
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|