Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa
AS ZANXAS DE CANALIZACIÓN ESTÁN DENDE DECEMBRO SEN REPOÑER O ASFALTO Boullosa demanda que se rematen as obras de saneamento en Bergunde
infobloque-vilaboa.com, 28/05/09. Na sesión plenaria celebrada na tarde do mércores o concelleiro nacionalista Tomás Boullosa requeriu ao goberno muncipal socialista que remate as obras de saneamento no lugar de Bergunde, parroquia de Figueirido. Ás obras que comenzaron no mes de decembro fáltalle a reposición do asfaltado nas zanxas de canalización e xa fora demandada esta actuación en plenos anteriores.
Boullosa recordoulle ao goberno municipal que as obras teñan un mes de prazo de execución e unha partida de 1500 euros para a reposición do asfaltado. No mes de marzo cando Boullosa demandara o remate das obras, o goberno municipal manifestou que se faría en 15 días, aínda que a día de hoxe os veciños sofren as consecuencias, tal como lle pasou a un de Cacheiro que sufriu desperfectos no seu vehículo ao pasar por un dos grandes socavóns da pista.
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.