infobloque-vilaboa.com
voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

Comentarios recibidos (0)

O BNG solicita que se use a piscina natural das Salinas este mesmo verán

(infobloque-vilaboa.com 10/05/08) O BNG solicitou a inclusión no pleno do mes de maio dun punto da orde do día no que se dea conta das xestións realizadas e informes recabados sobre a habilitación como piscina natural das Salinas de Vilaboa. A razón de que o alcalde e o PSOE municipal non estea a favor desta actuación por razóns sen explicar convenientemente non debe impedir que o noso concello conte cunha zona de baño de máximo interese paisaxístico e atractivo turístico. Ademais, o BNG considera posible que este mesmo verán a zona poida ser usada como lugar de baño pola escasa entidade das obras a realizar que consistirían nunhas comportas de retención de auga. Tamén sería necesario dotar a zona dun sistema de salvamento e socorrismo.

O Pleno de Vilaboa aprobou na sesión de outubro unha moción do grupo municipal do BNG na que se solicitaba á Direción Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente a dotación ás comportas do vaso das salinas dun sistema de retención de auga que permitise o seu uso como lugar de baño.

O espazo das Salinas está sendo obxecto dunha actuación por parte de Costas do Estado licitada en 1.443.732,06 € mediante o procedemento de subasta e adxudicada á empresa Arias Hermanos por 841.241,56 €. As obras non contemplan a restauración das comportas. Por esta razón o grupo municipal do BNG solicitou esta actuación que habilitará as Salinas como unha das piscinas naturais máis grandes do mundo.

A votación no Pleno contou co apoio do PP, argumentada en base a que lle parecía unha actuación positiva que debía cando menos ser avaliada por Costas e a abstención do PSOE, que razoou a súa falta de apoio á proposta porque consideraba necesario a realización dun estudo técnico. O BNG, pola súa banda, agradeceu o apoio ao PP e indicou ao grupo de goberno que os estudos deben facerse como parte da avaliación da proposta, non antes.

A actuación das Salinas foi unha xestión realizada polo alcalde nacionalista Xabier Míguez no ano 2000 co entón director xeral de Costas Fernando Marín Castán que encargou a realización do proxecto e dotou orzamentariamente as diferentes partidas necesarias. O proxecto retrasouse innecesariamente durante anos por problemas de definición do dominio público marítimo-terrestre a instancias dun particular que atopou acollida no grupo de goberno.

O BNG trasladou o contido do acordo acadado á parlamentaria nas cortes do Estado Olaia Fernández Davila para a presentación das iniciativas parlamentarias necesarias, que se adiaron pola disolución das Cortes polas eleccións.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos