voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

No consultorio de Cobres danse citas ata con catro días de espera.

Tres meses despois de que o denunciara o BNG, as pingueiras do centro de saúde do Toural seguen sen repararse

(infobloque-vilaboa.com 18/08/08) É unha mostra máis da nula capacidade de reacción do goberno de Vilaboa para resolver cando menos os pequenos problemas que poden aparecer acotío. Case tres meses despois de que o BNG denunciara o mal estado da sá de espera de pediatría do centro de saúde do Toural debido a unhas goteiras, esta situación non mudou de momento.

A pesares de que estes meses eran os ideais para solucionar ese problema de humidades, todo parece indicar que chegaremos ao outono e a época de choivas sen solucionar o problema.

A parte da mala imaxe que dá que unha instalación de nova criación se atope neste estado, hai que sumarlle a incomodidade aos usuarios e o despilfarro enerxético en calefacción que supón esta ponte térmica entre o exterior e o interior do edificio.

Por outra banda, os veciños de Cobres que teñen asignada a atención primaria no centro médico desta parroquia, teñen que esperar ata catro días unha vez que piden cita. Así se poido comprobar hoxe luns, onde están dando as citas das consultas para o próximo xoves. A este feito hai que engadir que non se están atendendo as consultas de urxencias. Semanas atrás o cento médico do Toural estivo un mes sen consulta pediátrica.

A atención médica en Vilaboa está pasando polos seus piores momentos sen que o goberno municipal pareza afectarlle o máis mínimo, xa que nen aporta solucións nen se ten constancia de que faga presión política sobre a Consellería de Sanidade para darlle solucións a estes problemas.

NOTICIAS RELACIONADAS

(27/05/08) O centro de saúde do Toural sofre pingueiras dende hai varios días sen que Sanidade e Concello tomen medidas

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos