O PESIMISMO E A DESIDIA PARALIZA AO GOBERNO MUNICIPAL SOCIALISTA
O goberno municipal non considera rentable promocionar Vilaboa

>> Tamén dudan do éxito de incluir as parroquias de Cobres na liña do Noitebús
infobloque-vilaboa.com, 30/10/09. "Unha acción de goberno refén do pesimismo e a desidia", así calificou hoxe a voceira nacionalista a diagnose actual da xestión municipal por parte do PSOE. Esta é a conclusión a que chegou Salgado tralo pleno celebrado na noite do pasado mércores e no que saíron adiante por unanimidade dúas mocións presentadas polo BNG, unha pedindo que o executivo municipal faga unha promoción axeitada para por en valor o entorno das Salinas de Ulló e por outra banda demandar que o Noitebús chegue as parroquias de Cobres.
PROMOCIÓN DAS SALINAS DE ULLÓ
A moción demandaba que o concello promocionara o entorno recén mellorado das Salinas de Ulló, fóra do noso Concello, especialmente entre centros de ensino e asociacións relacionadas co ecoloxismo e a natureza. Para César Poza, concelleiro socialista, a promoción deste enclave privilexiado, único no noso entorno, non parece ser unha prioridade debido a pouca disponibilidade financieira, pero tamén a desidia do goberno municipal para xestionar fondos con outras administracións. Alegou que a promoción que levan feita do entorno ata o momento non deu os resultados agardados. Tomás Boullosa, concelleiro do BNG, recriminou ao goberno socialista que poñan máis imaxinación na xestión e que aproveiten ao 100% tódolos recursos dos que dispón o concello.
NOITEBÚS
O PSOE volveu a mostrar a mesma actitude no debate da moción do BNG para demandar que a liña do NoiteBús que cubre Arcade-Pontevedra se achegue as parroquias de Cobres e Vilaboa para recoller aos mozos e mozas que saen as noites do fín de semana por Pontevedra. A pesar de que o grupo municipal socialista se mostrou a favor da iniciativa, dubidou do éxito que poidera ter entre a mocidade de Vilaboa e recoñeceu que desde que está en marcha este servizo non fixo nengunha xestión para espallalo a toda Vilaboa. Salgado recordoulle ao goberno, que o éxito da iniciativa depende da súa promoción entre os maís novos, traballo que debe desenrolar a concellería de xuventude e que polo de agora non fixo, xa que a liña actual que ten parada en Paredes, Bértola e Figueirido segue sendo unha gran descoñecida para a inmensa maioría dos nosos mozos. Boullosa espetoulle ao goberno que si este servizo é quen de salvar unha soa vida entre os nosos mozos e mozas, toda a xestión e esforzo non será en balde.
PESIMISMO E DESIDIA
A postura socialista no debate destas dúas mocións deixa ben as claras o agotamento na xestión por parte do goberno muncipal. Salgado recordou hoxe que "os cartos son importantes para facer unha boa xestión, pero o principal, é ter intelixencia e ilusión, xa que inciativas coma estas non requiren un grande esforzo económico, pero si grandes doses de iniciativa e ilusión, algo que o PSOE deixou atrás hai ben tempo". Considera un grave erro que a promoción exterior do noso concello se mida en termos de gasto corrente. "O investimento en promoción ou publicidade do noso concello hai que velo como unha inversión a curto ou a medio prazo e non como un gasto, e senón que llo pregunten a Coca-Cola ou o El Corte Inglés" sentenciou Salgado.

comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
NOTICIAS RELACIONADAS
|