voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

NO ANO 1992 XA SE APROBARA UNHA MOCIÓN DO BNG NO MESMO SENTIDO

Ornela F. Salgado demanda o traslado de Vilaboa ao Partido Xudicial de Pontevedra

(infobloque-vilaboa.com 25/11/08) A voceira nacionalista Ornela F. Salgado ven de rexistrar unha moción para debater no pleno de mañá mércores na que se pide que o Concello de Vilaboa tome o acordo de solicitar o traslado de Vilaboa ao Partido Xudicial de Pontevedra, actualmente ubicado no de Cangas do Morrazo.

Para Salgado "este troco suporía unha mellora sustancial tanto no desenvolvemento nas tarefas de vixiancia e protección por parte da Garda Civil como na utilización do servizo da administración de xustiza, xa que tanto os xulgados de Cangas como o cuartel da Garda Civil de Moaña quedan a desmán para moitos veciños de Vilaboa sobre todo das parroquias de Bértola e Figueirido, xa que ademáis da lonxanía hai que engadirlle a falla dun servizo de transporte público adecuado".

Os veciños e empresarios das parroquias de Bértola e Figueirido son testemuñas destas incomodidades, xa que trala vaga de roubos que se veñen producindo tanto en vivendas particulares como en negocios dende hai tempo queixanse da pouca vixiancia policial, do descoñecemento por parte das forzas de orde pública dos lugares e barrios das parroquias e da tremenda incomodidade que supón ter que ir presentar as denuncias a Moaña.

A moción que se someterá a debate non é un tema novo no Concello de Vilaboa, xa que no ano 1998 unha proposta da alcaldía saíu aprobada por unanimidade na que se demandaba a adscrición do Concello de Vilaboa ao Partido Xudicial nº 4, e a súa exclusión do nº 7. Esta proposta da alcaldía baseábase a súa vez nunha moción aprobada no ano 1992, e que fora presentada polo noso grupo manifestándose nos mesmos termos.

As xestións realizadas a raíz destes pronunciamentos plenarios non tiveron éxito e Vilaboa continúa ubicada no mesmo partido xudicial a pesar dalgúns intentos, mesmo desde o mundo da xudicatura, de racionalizar a situación xudicial do noso concello. En concreto, houbo unha proposta saída da Audiencia Provincial que facía fincapé na  contraproducente situación do noso concello.

A moción tamén propón que o Concello de Vilaboa enviará o presente acordo ao Ministerio de Xustiza, Consellería de Xustiza, Audiencia Provincial, Grupos Parlamentarios no Parlamento de Galiza e Grupos Parlamentarios no Congreso dos Deputados e Senado e que os Grupos Municipais de Vilaboa comprométense a facer as xestións necesarias diante dos seus grupos parlamentarios para a toma en consideración desta proposta.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

>> MOCIÓN APROBADA NO ANO 1992

>> ENQUISA

Cres que é bo para Vilaboa o troco ao Partido Xudicial de Vilaboa
Si, beneficia a todo o Concello en conxunto
Non, beneficia ás parroquias do Norte e perxudica ás do Sur
Non teño opinión
  

comentarios recibidos (7)

7. Enviado por: puxi, 2008-11-28 04:44:51 PST

mellor pontevedra sen dubida
e se chega tarde a Cobres pois aguantades ke tampouko ides morrer aora
BÉRTOLA! FIGUEIRIDO!! !!!!!!!!!!!

6. Enviado por: Yes, we can, 2008-11-26 06:15:10 PST

Se comprobades no maps.google.es a distancia entre a última vivenda de Santradán (hacia Rande)  e os xulgados de Cangas é de 20,4 Km e un tempo estimado de 20 min, mentres que aos xulgados de Pontevedra é de 19,6 km e un tempo estimado de 16 min. A medida que imos hacia o interior do concello as diferencias son espectacularmente favorables aos xulgados de Pontevedra. Así que mellor con Pontevedra. YES, WE CAN.

5. Enviado por: Barriga verde, 2008-11-26 03:57:57 PST

Non vou entrar no debate parroquialista ao que tan afeccionados son algúns que desexan sempre liar as cousas. Primeiro, a dotación da Garda Civil en Moaña é escasa para todo o territorio que teñen, polo que toda Vilaboa estaría mellor atendida desde Pontevedra. Segundo, a distancia aos xulgados de Cangas desde San Adrián son 19 quilómetros, os mesmos ca a Pontevedra. O resto do concello está máis preto, polo tanto. Terceiro, aos efectos do servizo xudicial é mellor e máis dotado desde Pontevedra, capital xudicial provincial e que loxicamente dota aos seus xulgados en primeiro lugar porque ve as carencias ao vivo. Cuarto, Cangas é desde sempre un dos xulgados máis colapsados de Pontevedra, con prazas de xuíces eternamente cubertas por interinos que están un ano ou pouco máis nesa praza e logo vanse.
A mellora dos servizos de seguridade e xustiza que suporía depender de Pontevedra, comarca administrativa á que pertencemos, por certo, só está en dúbida para os miopes. E eu espero que o BNG non perda a perspectiva de ver máis alá.

4. Enviado por: Borralla, 2008-11-26 00:13:43 PST

 Con esta proposta está claro que a Garda Civil de Pontevedra vai chegar antes as parroquias do norte, e alégrome. e a Cobres? van a chegar rápido? isto é sacar o problema dun lugar e levalo para outro, e creo que todos somos veciños e votamos.

3. Enviado por: Puchecha, 2008-11-25 12:54:12 PST

 Aínda que tamén son dos Cobres eu sonche máis de ir a Pontevedra que ao Morrazo ou a Vigo. Para min é unha proposta moi boa e a ver se sae pra diante.

2. Enviado por: Tigana, 2008-11-25 10:20:56 PST

  Espinete.sa....non sempre pode chover ao gusto de todos. Ás veces hai que facer pequenos sacrificios en beneficio das persoas de lugares mais necesitados (neste caso Bértola e Figueirido) non che parece?

1. Enviado por: espinete.sa, 2008-11-25 03:30:53 PST

 E os veciños que somos das parroquias de Cobres........non nos queda a desmán a Garda Civil de Pontevedra para ir presentar as denuncias?vamos ter que partir territorialmente o Concello.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos