Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
INFORMACIÓN MUNICIPAL
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

É UNHA DEMANDA HISTÓRICA DOS NACIONALISTAS
O BNG demanda ao Goberno Local que xestión fixo para solicitar o traslado de Vilaboa ao partido xudicial de Pontevedra

infobloque-vilaboa.com | 18/05/10 | (0)

Ornela Fdez. Salgado, voceira municipal do BNG, ven de anunciar hoxe que o seu grupo vai presentar unha pregunta para o Pleno deste mes solicitando información ao goberno municipal sobre as xestións feitas para que Vilaboa pase a formar parte do Partido Xudicial de Pontevedra.
No pleno do mes de novembro de 2008, o BNG presentou unha moción para que o goberno fixera as xestións necesarias para que Vilaboa pasase a formar parte do Partido Xudicial de Pontevedra en vez do de Cangas, no que está incluída actualmente.

Esta non é unha demanda recente, xa que desde fai moitos anos, e debido ás queixas veciñais, desde a institución local e grupos políticos se intentou facer esta xestión sen que se chegara a súa concreción. Hai que recordar que xa no ano 1992, o BNG presentou unha moción, que foi aprobada por unanimidade por todos os membros da corporación, solicitando o traslado de Vilaboa ao Partido xudicial de Pontevedra. E, posteriormente, no ano 1998, aprobouse tamén por unanimidade unha proposta da alcaldía que demandaba a adscrición do concello de Vilaboa ao Partido xudicial nº4 e a súa exclusión do nº 7. Tamén desde o mundo da xudicatura houbo intentos de mellorar esta situación no noso concello, xa que a Audiencia Provincial, no seu día, afirmou que era contraprudecente a situación actual de Vilaboa.

“A pertenencia de Vilaboa ao Partido Xudicial de Cangas non é razoable, xa que supón grandes inconvenientes para os veciños e veciñas do noso concello á hora de acceder a dereitos fundamentais como son a xustiza e a seguridade pública, que se ven agudizados cando se sofre algún roubo en vivendas ou negocios. Xa pasou máis de ano e medio desde que se tomou o último acordo plenario e Vilaboa segue sen estar ubicada no Partido Xudicial de Vilaboa, polo que é tempo de o goberno municipal dea conta das xestións feitas sobre este asunto”, declarou Fernández Salgado.

comentarios

1. Enviado por: Carballo, 2010-05-19 03:48:39 PDT

Xa levaba tempo sen comentar nada en infobloque, sin comentarios que ían facer, nada. Non sei para que os molestades en preguntar.
comenta esta noticia
 
Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

NOTICIAS RELACIONADAS

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.