voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Coincide co técnico municipal en que a ocupación da lámina de auga é exesiva

O BNG demanda máis prazas públicas na ampliación dos pantaláns do porto de San Adrián de Cobres

(infobloque-vilaboa.com 23/07/08) O BNG ven de presentar no Concello diversas alegacións ao Plan Director de Infraestructuras Nauticas de Galicia e nas que fai as seguintes consideracións:

1. Manifestamos a nosa posición contraria á fórmula xurídica da concesión para a explotación do pantalán do recheo do adro da igrexa de San Adrián. Consideramos moito máis axeitado a construción e explotación por parte do ente público Portos de Galicia dada a carencia que Vilaboa ten de prazas náuticas de oferta pública. Neste sentido, débese valorar axeitadamente a demanda existente entre os posuídores tradicionais de embarcacións na localidade e facer unha oferta acaída.

2. Coincidimos co técnico municipal en que a ocupación de lámina de auga é excesiva para a zona en que se ubica.

3. Debe desaparecer a actuación 1.14 por non considerar que xere ningún beneficio na localidade.

4. O calendario de actuación debe adiantarse ao ano 2.009 debida á demanda existente polos mariñeiros da localidade e a recente obriga de amarraren as súas embarcacións en portos.

Alegacións feitas en PDF

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos