voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa


Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

 

O pacto parece non contemplar obxectivos políticos estratéxicos para Vilaboa

O BNG reclama que se faga público o pacto clandestino entre PSOE e PP de Vilaboa

(infobloque-vilaboa.com 26/09/08) O BNG de Vilaboa vai rexistrar unha pregunta escrita para que o alcalde dea conta no próximo Pleno ordinario das condicións do pacto acadado entre PSOE e PP para a aprobación do orzamento.

O BNG considera que os veciños e veciñas de Vilaboa teñen dereito a coñecer en que termos se chegou ao acordo. De feito, o que se coñece polos medios de comunicación non é nada alentador e limitábase a que o PP aprobaría os orzamentos a cambio de 300.000 euros en dous anos para gastalos ao seu antollo.

A falta de publicidade do acordo parece indicar que os asinantes consideran vergonzante o pacto e de aí a súa clandestinidade. Por parte do goberno municipal non se deu ningunha explicación do acordo e desde o BNG considerase que o PSOE ten obriga de dalo a coñecer a toda a sociedade de Vilaboa para que os veciños e veciñas saiban as actuacións recollidas nel. Esta práctica escurantista choca frontalmente cos dereitos cidadáns de participación e coñecemento da acción pública.

Para o BNG as prioridades deben ser a aprobación do PXOM, despois de cinco anos de parálise, a oferta de solo empresarial e residencial á Consellería de Vivenda, as obras de saneamento para deixar de ser o último concello da Ría de Vigo en vivendas saneadas, a mellora dos equipamentos públicos dos núcleos e a oferta de terreos a Vicepresidencia para a construción do centro de día.

Sen embargo este obxectivos estratéxico para Vilaboa non parece que estean contemplados no pacto de goberno entre PP e PSOE

comentarios recibidos (1)

Enviado por: CACHAMUIÑA, 2008-09-25 23:56:40 PDT

1.  o que nos toca é felicitar os do pp. o seu partido e o menos votado de Vilaboa e sen enbargo logra condicionar o Psoe.

ou nos queda outra opción, que o PP e O Psoe en Vilaboa son a mesma cousa, ou pode que non só en Vilaboa. non vos parece?

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 


 

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos