Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
As facturas demostran que inflaron as cantidades dos gastos correntes no proxecto de orzamentos que levaron a pleno
O BNG considera urxente a aprobación dos orzamentos de 2008 para afrontar a actual crise económica
(infobloque-vilaboa.com 05/09/08)O BNG de Vilaboa a través da súa voceira Ornela F. Salgado quere por de manifesto a delicada situación que atravesa o concello de Vilaboa ao non contar cuns orzamentos aprobados para o presente exercicio, e a falta de vontade política do Psoe para sacalos adiante.
Ornela F. Salgado considera necesario axustar as contas públicas de Vilaboa a actual situación económica, reducindo os gastos correntes un 20% de media. Exemplo delo son os 40 mil euros que o Psoe pretendía destinar no borrador dos orzamentos a gasto telefónico, que suporía unha media mensual de 3.300 euros. Esta cantidade é un 60% superior ao gasto medio mensual dos meses de febreiro, marzo e abril do ano en curso.
Por todo elo e co ánimo de seguir facendo oposición en positivo o BNG de Vilaboa ponse a disposición do goberno local para abrir unha negociación cara a elaboración duns orzamentos que atendan as necesidades dos nosos veciños e veciñas nestes tempos de dificultades económicas. A postura dos socialistas pechando as portas a calqueira negociación cos nacionalistas pretendendo menospreciar ao BNG, é errónea posto que os dannificados van ser a totalidade dos veciños de Vilaboa.