Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Xabier Míguez seguirá sendo membro da corporación.
Ornela Fernández será a nova voceira do BNG de Vilaboa
(infobloque-vilaboa.com 04/07/08) O BNG de Vilaboa renova o grupo municipal ao nomear a Ornela Fernández como portavoz municipal en substitución de Xabier Míguez. Ornela Fernández resultou elixida concelleira no ano 2007 e agora asume unha nova responsabilidade. Foi elixida por unanimidade polos membros do Consello Local e o Grupo Municipal. É a primeira vez que unha muller é elixida portavoz municipal en Vilaboa.
A nova portavoz afirmou que asume "esta responsabilidade con moita ilusión e para traballar para tirar a Vilaboa do actual desgoberno e parálise en que a meteu o débil goberno do Psoe". Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, Ornela Fernández estableceu os reptos que ten Vilaboa cara ao futuro: "Vilaboa ten que conformar un goberno estable e forte que aprobe o Plan Xeral, aproveite as oportunidades que ofrece o goberno galego en materia social como a construción dun centro de día e sexa claro e firme nas súas demanda á administración do estado".
Xabier Míguez, que seguirá sendo membro da corporación, declarou que o nomeamento de Ornela Fernández como portavoz dálle a posibilidade de medrar ao nacionalismo galego entre a xuventude e as mulleres. "Nas últimas eleccións municipais, o BNG medrou en apoio da xente en Santa Cristina de Cobres, de onde é ela. Isto demostra que é unha persoa moi ben considerada entre quen a coñece e agora temos que proxectala no resto do municipio e niso imos traballar nos próximos meses, aproveitando a campaña para as eleccións galegas".