voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

Tomás Boullosa Moure

concelleiro do BNG en Vilaboa

14-08-2008

"Se queren que non lle chamen pacto." 

Ven sendo costume desde hai anos que o PP e o PSOE negocien os orzamentos  e as obras do noso Concello e ven sendo habitual que antes destas conversas o PSOE ataque ao BNG, desta volta tachanos publicamente de mentireiros e que temos mal ton en todo canto lles dicimos.

    Estes ataques por parte do PSOE non son máis que un xeito de tratar de xustificar estes pactos, cando se carece de argumentos políticos recurren a un falso vitimismo no que a xente xa non cre; o BNG que votou  a favor da investidura de Luís Poceiro, o BNG que votou a favor da dedicación exclusiva do alcalde, o BNG que facilitou a aprobación dos últimos orzamentos, o BNG que fixo todo o posible por chegar a un acordo de gobernabilidade para toda a lexislatura, o BNG  que coincide en cantidade de votacións nos plenos co PSOE, o que non vai facer e darlle bicos e apertas aos concelleiros socialistas logo de aturar un pleno cheo de faltas de respecto hacia a nosa orgnización política e insultos a miña persoa.

    Agora ben, non pensedes que estes pactos son pólo ben do concello,  senón que só responden a tácticas electoralistas. O PSOE busca anular políticamente ao Bloque, xa dixo Luís Poceiro que a súa maior pretensión política é que o BNG non chegue a gobernar nunca en Vilaboa, e o PP prefire un goberno do PSOE  feble e en minoria que unha coalición forte e estable BNG-PSOE por iso lle da o osíxeno suficiente para que poidan ir tirando en minoria, deste xeito nunca veremos  a un PP apoiando uns orzamentos con fortes investimentos para transformar Vilaboa e quitala desta PARÁLISE, conformanse con un par de obriñas para caciquear con elas.  

    Mentras tanto ao BNG non nos queda outra que defender os intereses veciñais e o pacto que temos cos veciños que non é outro que o que ten por base o noso programa electoral.   

OPINIÓNS ANTERIORES

(16/07/08) "Sempre cos veciños, non só nas manifestacións."

(30/05/08) "O que non chora non mama."

(14/05/08) "A Santiago vou..."

Comentarios recibidos (3)

3. Enviado por: Lola Mento, 2008-08-28 11:27:31 PDT

Tomás fíxose "nacionalista", que non é  o mesmo que nacionalsocialista, o dia que leu "Memorias dun neno labrego", de D. Xosé Neira Vilas
Iso explicouno el nun diario Local.

Antes dese día, (o día que leu "Memorias dun neno labrego") non debia ser nacionalista, polo tanto a súa expresión:
"constame que és nacionalista de sempre", non é de todo correcta.

Tampouco se dí PSOe  e PSOE.

O que non me vexo capaz de entender  e o de "discriminación histórica da nosa parroquia Figueirido", buscarei información e itentarei iluminarme.

En canto a opinión de Detomeza.: completamente de acordo con ela, (a opinión), pero: non é a primeira vez, nin será a última.

Non sei cantas veces terei que insistir para que publiquen algo, e o cuarto ou quinto intento, a ver si desta?

2. Enviado por: Xosé, 2008-08-21 06:10:07 PDT

Tomas alegrame moito que decidiras dar o paso e presentarte a concelleiro, constame que és nacionalista de sempre e co teu traballo consigas que se acabe a discriminación histórica da nosa parroquia Figueirido, ao PP xa o coñecemos por desgracia pero non agardabamos isto do PSOe

1. Enviado por: Detomeza, 2008-08-15 13:37:37 PDT

 En primeiro lugar quero felicitalo polos súas opinión, pero desta vez sr. Boullosa
mallou a opinión o día despois de publicala sae o PP a decir que so negociara cousas concretas.

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos