Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Tomás Boullosa Moure
concelleiro do BNG en Vilaboa
06-09-2008
"Unha de imaxinación, por favor"
O reparto de subvencións é o eixe da actual política da Concellaria de Cultura. Poderíamola definir como “Colabora Concello de Vilaboa”. Cantas actividades culturais son iniciativa de dita concellaria? Máis ben poucas ou ningunha.
Nun post enviado a Infobloque, lemos como Cristino reclama máis atención aos nosos artistas e ás nosas festas. Direille a este señor que ten toda a razón. A procura da posta en valor do noso patrimonio cultural, material e inmaterial, xunto co cultivo dos coñecementos e das tradicións debería ser o primeiro obxectivo da Concellaría de Cultura.
Explotar turísticamente os nosos recursos naturais, históricos, etnográficos e naturais e dar a coñecer a obra dos nosos músicos, escultores, bailaríns, escritores, actores, etc, primeiramente entre os nosos veciños e despois ao resto do mundo, axudaría economicamente a estes artistas a mais de que o recoñecemento público na súa terra sempre da folgos para seguiren co seu traballo.
A falla de orzamento non é escusa para non teren iniciativas propias da Concellaria, pois o mesmo goberno municipal pode destinar máis cartos a cultura ou ben se poden xestionar máis achegas doutras administracións (a gran eiva do PSOE de Vilaboa), ou empresas de Vilaboa e non sempre con máis cartos se fan máis cousas, senón que llo pregunten a algunha asociación cultural.
Darlle cultura as casas de cultura fomentando a participacións directa na xestión das mesmas, organizar intercambios e mostras culturais cos nosos artistas, achegar á rúa máis actividades, entrar e aproveitarse dos circuitos culturais de Pontevedra e Vigo (colaboracións con outros concellos) e xestinar coa Xunta unha inxección económica para o entroido de Cobres, organizar concertos, recuperar a toponímia, etc, e sobre todo poñerlle máis imaxinación, que é de balde, axudaría nun cambio de rumbo desta concellaria para convertela nunha verdadeira dinamizadora cultural.
Estou de acordo co teu artigo, sobre todo no de dar a coñecer os nosos autores.
Por exemplon, en Cangas teñen un sistema de concertos de varios estilos, Pop, Heavy, Punk, Rap, Folk, e o concello graballes un disco a estas agrupacions, con unha cancion cada grupo, e creanse unha cadea de actuacions en directo. Eu teño ido a varias e esta bastante ben.
En Vilaboa vense moi poucas iniciativas destas.
1. Enviado por: Luis, 2008-09-07 08:12:56 PDT
O Entroido de Cobres necesita unha renovación profunda porque nos últimos ano nótase que vai menos xente. Estou de acordo contigo tamén no demais.