Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
 
Voceiro dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

Tomás Boullosa Moure

concelleiro do BNG en Vilaboa

31-12-2008

"A gañadora é Galiza" 

Efectivamente, nada máis e nada menos que 1357 millóns de euros, a maiores  en proxectos asociados, que cos 2744 millóns que se adxudican no propio concurso eólico servirán para darlle un pulo importante á economia galega nestos tempos de crise económica.

Os poderes fácticos, económicos e mediáticos dirixidos polos catro ricachóns afeitos a se repartir o pastel ao seu antollo, como aconteceu cos 4000MW repartidos polo PP en anteriores lexislaturas,  teñen agora que comerse as críticas feitas ao BNG antes de facerse público o resultado do concurso eólico, pois este fíxose atendendo escrupulosamente as bases do concurso e dun xeito máis público que nunca.

As palabras de Anxo Quintana dicindo que Galícia é a gañadora son unha verdade coma un templo pois se garante un 14,2% de participación pública e se poñen en marcha proxectos que atinxen a sectores estratéxicos no noso país.

Só hai que fixarse nas catro maiores concesións, con 235 e 172,8 megavatios os proxectos encabezados polas caixas de aforro galegas Caixanova e Caixagalicia,desta volta non saiu Caja Madrid como acontecera con Fraga, e as outras duas concesións,con 216 megas   ao proxecto presentado polas conserveiras lideradas por Albo e con 192 megas ao proxecto encabezado pola  COOPERATIVA GALEGA Feiraco, poñendo deste xeito os alicerces para un futuro grupo lácteo galego.
Vos quitade as vosas conclusións, eu teñoas claras, Galiza co BNG sae gañando, mentras outros fan o ridículo erguéndose da mesa onde se decide o futuro da nosa nación.

  R

comentarios recibidos (2)

2. Enviado por: un, 2009-03-07 06:49:19 PST

Se chegas a por as mans no fogo co do concurso eolico queimalas 52 recursos nin mais nin menos ai ai tanto axexar a casa do viciño e a nosa sen barrer.       NON U.P.G.

1. Enviado por: tíralledoaire, 2009-03-07 06:01:01 PST

A algunha conselleira facíalle falta unha boa cura de humildade despois de dicer que  BNG non se poñia límites..¡¡¡

Bueno,pois os límites puxéronllos domingo pasado...

Menos franxas de 500metros, e menos galescolas..e mais polígonos para poder ir ganar un peso para poder matar a fame..¡¡¡

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

ARTIGOS ANTERIORES

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.