Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Tomás Boullosa Moure
concelleiro do BNG en Vilaboa
03-12-2008
"Vergoña allea"
A vergoña allea é un sentimento que calquera persoa pode experimentar asistindo a un pleno de Vilaboa.
Minutos antes de que o BNG facilitara coa súa abstención que non se retrasara máis o PXOM que o Psoe prometera aprobar nun ano e que non se dignou a consensuar cos grupos da oposición, facendo caso omiso das aportacións feitas polo Bloque hai xa nove meses, tivemos que aturar a enésima arroutada de incontinencia verbal de Luis Poceiro.
Ao señor Luis Poceiro e o seu maribilloso equipo que desta volta tamén se sumou a festa só lle temos que dicir que os seus insultos e mentiras soamente fan aflorar en nós un sentimento de vergoña allea, pois aínda sendo opoñentes políticos tamén son por desgracia e vontade democrática os nosos gobernantes.
Négome a pensar que o noso alcalde sexa mala persoa, aínda co empece a dubidar, prefiro pensar que son reaccións de quen fica sen argumentos ao quedar en evidencia a súa falta de xestión e valía política.
Por último decirlle que para o noso grupo os seus insultos e mentiras non son mais que folgos para seguir a traballar por Vilaboa e desenmascarar os gobernantes que temos.