Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
OPINIÓN E COLABORACIÓNS
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

TOMÁS BOULLOSA MOURE

Concelleiro do BNG en Vilaboa

 

 

30-01-2011

" Grazas e ánimo!" 

Estamos preparados e listos para dirixir e gobernar  este concello dun xeito responsable, eficiente e cun guieiro claro, que non é outro do que daremos a coñecer no noso programa electoral e na chea de actos e reunións que faremos coa sociedade de Vilaboa ata o 22 de Maio .

Nunha Casa de Montes de Sta Cristina ateigada de xente e onde se respiraba as gañas de cambio existente no concello,  demos a coñecer unha candidatura aberta e plural  que representa non só ao BNG, senón a todos aqueles que estamos  dispostos a traballar por una Vilaboa mellor.

Haberá tempo dabondo para explicarmos o noso programa, porque hoxe o que me pide o corpo e felicitarme da organización a que pertenzo e agradecer o  apoio recibido neste acto. Queda máis que demostrado que os que imos na lista non somos máis que os representantes públicos dos máis dun milleiro de votantes  que confían en nós e dos centos de militantes e simpatizantes que somos en Vilaboa.

A esperanza dun tempo novo chega a Vilaboa e temos que traballar arreo ata o 22 de maio, todos os militantes e simpatizantes. Ninguén dixo que vai ser doado , as persoas que imos na lista presentámonos hoxe co noso compromiso e disposición para facer este traballo, pero precisamos do voso apoio para materializar o cambio que lle convén a Vilaboa.

Se lle tendes algo de amor e aprecio a nosa terra, non dubides en apoiar este proxecto, que vai máis alá do nacionalismo, e que leva por bandeira o benestar das persoas de Vilaboa. E para que o sentido común, o respeto institucional, a xestión ben feita, a recuperación dunhas relacións normais con outras administracións e veciños, cheguen  da man da nova alcadesa Ornela Fdez Salgado, sodes  imprescindibles, por iso quero darvos ánimo e as grazas polo voso apoio.

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 
 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 
 

ARTIGOS ANTERIORES

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.