 |
TOMÁS BOULLOSA MOURE
Concelleiro do BNG en Vilaboa
|
|
25-03-2009
"Revolution Dance"
Galiza é hoxe unha marabillosa canteira de prodixios musicais fachendosos de usar como a mellor das ferramentas de comunicación a lingua galega.
Seguimos a ser “a potencia”, se falamos de folque, con figuras coma Mercedes Peón, Pepe Vaamonde , Oscar Ibañez, Budiño e grupos como Mutenrohi, Luar na Lubre ou os míticos Milladoiro, mais a isto xa estamos afeitos no país dos cen mil gaiteiros.
Ata aquí todo normal pero atención ao dato, a Consellaria de Cultura nesta lexislatura ven de poñer en marcha A Rede Galega de Musica ao Vivo e na última edición presentáronse nada máis e nada menos que trescentos cincuenta grupos dos máis diversos estilos, poñendose así de manifesto a verdadeira revolución que se está a producir na nosa nación que non é outra que a normalización da cultura musical.
Se alguén non sabe aínda como reintroducir o idioma galego nas cidades que non dubide da calidade de artistas como Narf, Aid, Granpurismo ou grupos como Galegoz, Skacha, Skarnio. Som do Galpon, Nao ,Ataque Escampe, Cuchufellos, Dios ke te crew, Machina, Ruxe Ruxe,etc como os mellores axentes normalizadores nas nosas propias cidades. Son estes algúns exemplos da vangarda musical galega que están a recoller os froitos dun traballo ben feito e deixando o noso pavillón no maís alto e demostrando que as facultades innatas dos galegos emerxen a nada que se apoien.
Lembrarlle aos novos e non tan novos que non existe ningunha prohibición pola que estes ou outros grupos non poidan actuar en distintos lugares do concello de Vilaboa e que non estaría nada mal velos nunha noite de verán na praia de Deilán ou no parque de Bergunde, a ver se o concello vai espabilando nestes dous anos que lle queda de goberno.
R
comentarios recibidos (3)
3. Enviado por: David, 2009-05-14 13:07:47 PDT
Ola.
Podían copiar doutros concellos, coma o de Cangas que antes facía o "DirectoXove" a agora ten o "Son de Cangas", a misión e a mesa nos dous casos proporcionarlle concertos os grupos da zona e o mesmo tempo facilitarlles a gravación dun CD,para que se poidan dar a coñecer.
En Vilaboa non se fai nada desto, nin sequera concertos o aire libre, do estilo do "Chandirok" ou coma "A Noite do Trasno". Haber se aprendemos un pouco dos concellos veciños.
Un Saudo, www.postemiron.es/web |
2. Enviado por: Mortadelo, 2009-05-05 06:02:16 PDT
Novamente volvemos aos esperpentos de Perez Varela, o novo conselleiro, igualiño, e tiveron que ir a buscalo a Nova York, como se o de aquí non valera
|
1. Enviado por: bauhaus, 2009-03-28 16:46:08 PDT
Non estaría mal... de feito moita xente xoven do cocello é o que pensa, e non estaría mal que nas festas parroquiais se vaia entroducindo, pero non... iso non se pode facer... sería de tolos!!! como vas a cambiar a tradición???
hai moito por explotar neste país! |
comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
ARTIGOS ANTERIORES
|