voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Ornela Fdez. Salgado

concelleira do BNG en Vilaboa

14-05-2008.

Un dereito básico

Desde o ano 1989 Galiza conta co Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo tutelado pola  Consellería de Sanidade, que ten como fin garantir a asistencia sanitaria pública.

A Atención Primaria é o primeiro peldaño do Sistema Sanitario Galego,  e caracterízase por prestar unha asistencia próxima, persoal e continuada no tempo.

Desde fai uns meses nas parroquias de Cobres están vivindo, en primeira persoa, o problema que suscita a non boa xestión dun tema tan importante como é a sanidade.

Facendo unha pequena cronoloxía do asunto, para aqueles que non están enterados, todo comezou cando, sen previo aviso, a un gran número de veciños das parroquias de Santa Cristina e San Adrián de Cobres se lles cambiou de médico e de lugar de consulta.

As persoas afectadas polo cambio víronse obrigados a deixar de ter a prestación sanitaria no consultorio de Cobres e, así, desprazarse ao Centro do Toural. Nun lugar, como Vilaboa, onde non hai un servizo de transporte público, e onde a maior parte dos afectados eran persoas de idade avanzada, o cambio resultou ser contraproducente.

Como é posible que o consultorio de Cobres teña compartida a praza do seu facultativo, e por tanto só teña dereito á dúas horas de atención médica, cando as parroquias de Cobres contan con case 2000, das 6000 cartillas que hai no concello de Vilaboa? Non sería moito máis fácil e eficiente cambiar a denominación da praza, para que esta fose de exclusividade deste centro, e así poder ofrecer un mellor servizo e máis próximo aos usuarios?

Seguro que moitos de vos, preguntarédesvos sobre que xestións se están facendo para mellorar esta situación. Decirvos que a Consellería de Sanidade, máis concretamente a Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra, non están demostrando a competencia que deberían ter. Por parte deles, a situación está moito mellor, e non necesita ser cambiada ou mellorada. O mal estar e peticións dos veciños non se están tomando en serio. A xente está indignada e preocupada porque ve como un servizo e dereito básico como é a sanidade parece non ter importancia para aqueles que nos gobernan.

comenta esta opinión

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos