voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

Ornela Fdez. Salgado

concelleira do BNG en Vilaboa

15-10-2008

A persistencia do franquismo.

Esta semana fomos testemuñas de como, baseándose na aplicación dunha lei franquista do ano 1975, o Ministerio de Defensa, encabezado pola ministra socialista Carme Chacón, delimitaba unha zona de seguridade ao cuartel da Brilat en Figueirido afectando de forma directa aos veciños e veciñas do noso concello.

A pasada semana o grupo municipal do BNG presentamos unha moción solicitando a aplicación da Lei da Memoria Histórica no noso concello. Vilaboa, como moitos outros concellos de Galiza, segue tendo presenza de simboloxía franquista nos seus lugares públicos. Escudos e insignias falanxistas seguen estando presentes en fontes e lavadoiros do noso concello, esperando a que sexan retirados para así, dunha vez por todas, sexa eliminado todo tipo de legado da represión que veciños e veciñas sufriron durante a dictadura.

Pero, resulta curioso e chamativo que nos atopemos no ano 2008, con 30 anos de democracia e con unha lei aprobada na que se establecen medidas a favor de todos aqueles que padeceron, tanto persecución como violencia durante a guerra civil e a dictadura, pero sen embargo non haxa ningún problema en seguir aplicando leis franquistas.

A persistencia do franquismo non só está vixente e palpable nos símbolos da dictadura que, aínda hoxe en día, seguen estando presentes en edificios ou espazos públicos, o dereito e ordenamento xurídico español está salpicado por todas partes de leis e normativas que veñen desde a dictadura franquista, e que os gobernos de Madrid seguen aplicando sen ningún inconveniente. Remítome a exemplos como o citado ao principio deste artigo ou á Lei de Expropiación Forzosa que, aínda que tivera modificacións nos últimos anos, data do ano 1954, primeira etapa do franquismo.

Acaso non son un símbolo franquista as leis aprobadas durante o seu réxime? Ou é que non se atreven a lexislar sobre este asunto?

OPINIÓNS ANTERIORES

(18/09/08) "Alguén o viu?"

(07/08/08) "Un exemplo máis."

(03/06/08) "Canto máis tempo temos que esperar?"

(14/05/08) "Un dereito básico."

comentarios recibidos (3)

3. Enviado por: Marcos, 2008-10-24 12:23:52 PDT



 É certo o que dí Chica mona de que "o franquismo non resiste so nos lavadoiros".
Nos lavadoiros, nos rótulos das Rúas, nas paredes das igrexas ... o único que está é o recordatorio ignominioso e físico do noso pasado. Pero é máis perigoso, máis ruín, o que non sae, o que algúns ainda teñen dentro, os que ainda que non abran a boca son dos que pensan
- se te puidera por as mans enriba!.
e non sei como o fan pero logran que sepamos que o pensan.
Eses son o auténtico perigo.
Pero a eses temos que decirlles en voz alta e ben clara. NON TE SOPORTO. O FRANQUISMO ACABOU. NON PENSO COMA TI.
e o primeiro que temos que facer e acabar cos recordos físicos. e despois seguir por rebaterlles o discurso.

e todo esto sen esquecer.

2. Enviado por: david, 2008-10-22 02:01:38 PDT


Primeiro: Grazas por viren ata Postemiron e explicar como vai a cousa do "Movemento Okupa de DefensA"

E de segundo: O peor de todo e que hai xente que inda defende o franquismo e se alporiza si lles dis que se cometeron atrocidades.

Pareceme incrible ata onde chega o egoismo das persoas.

De terceiro: "Café e chupito", que se non non hai que aguante con estes, jaja.

Como me dixeron o outro dia, "Todos estos mandami entos(leis), se resumen en dos, todo para min e nada para vos"

Un saudiño

PD. A xente porque firma con nomes raros. jaja

1. Enviado por: chica mona, 2008-10-20 06:41:13 PDT


E certo que o franquismo non resiste só nos lavadoiros. Está nas leis aínda e iso é gravísimo.

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos