voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

Ornela Fdez. Salgado

concelleira do BNG en Vilaboa

07-08-2008.

Un exemplo máis

Estamos no mes de agosto e Vilaboa segue sen contar cuns orzamentos para este ano corrente, si, lestes ben, levamos case nove meses sen que o equipo de goberno do PSOE sexa capaz de sacar adiante os presupostos.

Alguén pode entender que un goberno que está en minoría presente un borrador dos orzamentos aos grupos da oposición sen antes negociar absolutamente nada, e tendo en conta que non contan coa maioría suficiente para a súa aprobación? Pois este é o caso que se está dando no noso concello. O equipo de goberno liderado por Luís Poceiro levan presentando, de forma reiterada, uns orzamentos sen negociar cos demáis grupos, polo menos no que a nós nos atinxe, non sabemos se ese é o caso do PP.

Ofrécennos uns orzamentos escasos de investimentos e prestación de servizos e con un desfase en gasto ordinario, que veñen demostrando a falta de proxecto e de ideas que o o goberno do PSOE ten para Vilaboa. Uns orzamentos que, entre outras cousas, non veñen dar solución a algúns problemas existentes no concello, e non veñen máis que a demostrar a situación de decadencia executiva e mediocricidade de xestión municipal a que nos ten sometido o goberno do PSOE nestes últimos catro anos.

E despois, o Sr. Alcalde dice (remítovos ao video do pleno) que nós, o grupo municipal do BNG, somos os que entorpecemos a vida política do concello. Nós estamos dispostos a negociar, a escoitar as propostas e tamén a ofrecer os nosas ideas e os nosos obxetivos. Isto é o que estamos facendo desde que comezou o actual mandato.

OPINIÓNS ANTERIORES

(03/06/08) "Canto máis tempo temos que esperar?"

(14/05/08) "Un dereito básico."

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: estelb, 2008-08-09 05:15:33 PDT

  Respecto ó video do pleno do concello... que pena!
Que triste ter un alcalde que o único que lle interesa é gobernar porque non goberne outro partido político e NON POR VELAR POLOS INTERESES DOS VECIÑ@S DE VILABOA!

QUE TRISTE!

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos