voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

 

Ornela Fdez. Salgado

concelleira do BNG en Vilaboa

18-09-2008

Alguén o viu?

Resulta curioso que meses atrás o grupo de goberno do PSOE viñera presentando de forma reiterada un recoñecemento extraxudicial para facer fronte a unha serie de facturas non pagadas, nas que se incluían unhas destinadas ao mantenemento e arranxo do tractor por un valor superior á 9000 euros. Alguén viu traballando o tractor? Porque eu non. Moita xente o comenta.

Se algo caracteriza a un goberno eficaz é que sepa utilizar os poucos ou moitos recursos cos que conta e sacarlle rentabilidade. Parece ser que o goberno liderado por Luís Poceiro non sabe como facelo. Como pode ser que o concello conte con un tractor de desbroce e non se faga uso del. As estradas e os parques están cubertos de herba, e el o único que responde ás preguntas feitas nos plenos é que é debido a causas meteorolóxicas, que teñen mala sorte porque lles tocou uns días de choiva e a herba medrou.

Evidentemente, a herba medra.

OPINIÓNS ANTERIORES

(07/08/08) "Un exemplo máis."

(03/06/08) "Canto máis tempo temos que esperar?"

(14/05/08) "Un dereito básico."

comentarios recibidos (3)

3. Enviado por: figueirides, 2008-09-23 05:06:26 PDT

 Este tractor podédelo ver en visperas de san Benito na nosa parroquia, conxuntamente co partido de soteiros-casados, a mexillonada ou as cucañas é un dos grandes atractivos destas festas e motivo de ledicia para un pobo co ve unha vez ó ano e  anuncia o comezo das festas. No ano 2009 estades convidadados a asistir a este acontecemento, non haberá variación no percorrido que arranca no cemiterio, fai parada a beira da casa dalgún militante socialista e remata no campo da festa.

2. Enviado por: Cristino, 2008-09-22 09:34:32 PDT

   A min dixérome que este tractor foi visto hai un ano e pico polas costas de Sobreira dirección Castiñeiras e que ian tres concelleiras do PsoE montadas nel, dende aquela nada se sabe do traballo do tractor nin do traballo das concelleiras.

1. Enviado por: estelb, 2008-09-20 11:47:30 PDT

   Evidentemente... EN ESTE CONCELLO TRABALLASE POUCO, OU MELLOR DITO, NADA!

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos