 |
ORNELA FERNÁNDEZ SALGADO
Voceira do Grupo Municipal do BNG en Vilaboa
|
|
08/11/2010
O ubanismo en Vilaboa
A realidade da xestión urbanística feita polo goberno socialista en Vilaboa, depois de máis de tres anos desta lexislatura e de máis de sete anos xestionando o noso concello, francamente é pésima e moi mellorable.
Por un lado está o PXOM. Este fora contratado no ano 2000, sendo alcalde Xabier Míguez, e exposto inicialmente ao público no ano 2002. Coa chegada ao poder local do PSOE, no ano 2003, a súa tramitación paralizouse e a día de hoxe, ano 2010, Vilaboa segue sen contar cun instrumento de planificación municipal que posibilite un desenvolvemento urbanístico adecuado e ordenado e un crecemento económico acorde a súa localización neurálxica entre as dúas cidades máis importantes do sur do país. Co PXOM aprobado, Vilaboa sería a que marcaría a liña a seguir con todas estas obras que estamos soportando e que tantas graves consecuencias nos están deixando (AVE, N-554, subestacións eléctricas...etc).
Por outra banda, está a carta blanca que o Sr. Poceiro leva dando en temas urbanísticos. En Vilaboa durante estes sete anos permitiuse a construcción de urbanizacións de vivendas sen que o goberno local lles esixise un mínimo de melloras e actuacións, como pode ser a reposición do firme dos viais municipais desfeitos polas obras e a urbanización e mellora do entorno. Os constructores atópanse, pois, cun gran negocio no que construír e gañar sen ter que facer nada a cambio e iso non pode seguir sendo así. O curioso deste último problema é que cando as cousas van mal, e eses mesmos aos que a carta blanca lles foi outorgada se lles reviran e lles piden solucións a esa pista en mal estado ou a eses puntos de luz inexistentes, recurren á oposición para buscar solucións e utilizan a súa táctica máis coñecida e recurrente de botarlle a culpa sempre ao BNG porque somos os que denunciamos este tipo de xestión.
Temos un goberno municipal mediocre, sen grandes ideas e sen un proxecto para Vilaboa que coa súa falta de capacidade, de iniciativa e de xestión so consigue que esteamos estancados, ou incluso en retroceso. Nada de asumir as súas responsabilidades, para qué? Non recordan, ou mellor dito non queren recordar que son eles os que gobernan e os que permitiron esas cousas.

comenta este artigo

|
|
AXENDA |
OPINIÓNS ANTERIORES
|