Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Xabier Míguez Santos
Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa
20-05-2008
" Vilaboa sen ideas"
Vilaboa leva desde o ano 2003 sen que se fixese ningún trámite na elaboración do PXOM. O último significativo que se fixo foi a tramitación da exposición pública do avance do documento a finais do ano 2002, cando o goberno municipal era outro.
O pavor que o PSOE de Vilaboa demostra ao PXOM débese á súa falta de ideas. Se o goberno municipal tivera claro o proxecto que quere levar adiante para Vilaboa non tería ningún problema en facelo público. Iso é o que a planificación urbanística é: definir sobre o territorio as ideas que tes para o progreso e o benestar dos veciños e veciñas de Vilaboa. No media cuartilla que entregaron como programa electoral, comprometíanse a telo aprobado no primeiro ano de mandato. Pasou o prazo.
O BNG puxo o asunto na axenda municipal. E imos seguir reclamando que se faga xestión. Vilaboa non pode permitirse outros catro anos máis sen proxecto de progreso.