voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Xabier Míguez Santos

Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa

17-09-2008

"Triste é o cantar que cantamos"

Os versos de Rosalía sérvennos para ilustrar a situación que vivimos os veciños e veciñas de Vilaboa. Máis unha vez, o Psoe do noso concello renuncia a comandar un goberno forte cun proxecto definido. A negociación e pacto co PP dos orzamentos municipais para o ano 2009 indícano con claridade. 

Falaron algo da aprobación do PXOM? Pactaron as áreas industriais do noso concello? Ubicaron onde lle poderían deixar construír á nosa conselleira Táboas as vivendas protexidas que promove? Sábese de como van aumentar a máis baixa porcentaxe de vivendas con saneamento de toda a ría de Vigo? U-lo centro de día? 

O que acordaron é que os do Psoe lle ían dar uns cartiños ao PP para que os gasten ao seu antollo. Pero a frase do concelleiro Poza na prensa sobre esa falta de planificación e a nula perspectiva de traballo cara ao futuro é antolóxica: "Os do PP saben o que necesita o noso concello e nós coincidimos con eles". Soberbio, chico, soberbio. 

Porque ninguén mira máis alá do tubo e a luz, triste é o cantar que cantamos.

OPINIÓNS ANTERIORES

(03/09/08) " Escacha a placa!"

(16/07/08) " Nada "

(18/06/08) " Parálise."

(20/05/08) "Vilaboa sen ideas."

comentarios recibidos (5)

5. Enviado por: david, 2008-10-22 01:52:52 PDT

 
Deus vendiga a Hemeroteca, jaja

Donde dixen digo, ahora digo Diego, jaja, cada vez parecense mais os do PP, debe de ser de andare entre eles.

Xo di meu avo, "Todo se pega menos a fermosura".

4. Enviado por: Xabier Míguez, 2008-09-23 11:55:32 PDT

 
 Prezado César:
En primeiro lugar, debo aclararche que Infobloque é o voceiro dixital do BNG de Vilaboa. Polo tanto, non facemos xornalismo nin é esa a nosa intención, senón que facemos Política, eu creo que con maiúsculas, e unha parte fundamental dela é dar a coñecer o noso punto de vista das cousas que pasan, e das que non pasan. E internet é unha ferramenta útil e eficaz, complemento perfecto do noso boletín, que editamos desde hai máis de trece anos.
Aclarado isto, remítote ao Diario de Pontevedra do 20 de agosto de 2008. O que eu escribo está escrito aí, pero non tan ben, claro, porque eu non son xornalista, son representante do pobo de Vilaboa elixido nas urnas.
Un saúdo.

3. Enviado por: cesar, 2008-09-23 10:20:35 PDT

      Amigo Xavier, son o xoven e intrépido concelleiro Poza, debe fallarme a memoria pois non recordo haber dito tal cousa, de todos modos gustaríame que me recordaras cando saiu tal afirmación. Por certo os xornalistas de "verdá" adoitan a contrastar as informacions antes de publicalas, digoo porque vos que sodes un medio de información veraz, independente e sobre todo obxectivo deberiades ter en conta esas cousas. Aproveito de novo, amigo Xavier, para felicitarte polo teu estilo "xornalistico" axil, con ritmo e certa chispa. Saudos

2. Enviado por: Cristino, 2008-09-22 09:39:55 PDT

     E a dirección do psoe está de acordo con este pacto de goberno PP-PSOE?

1. Enviado por: estelb, 2008-09-20 11:45:27 PDT

   isto é indignante!
caciquismo!

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos