voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Xabier Míguez Santos

Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa

10-12-2008

"Pasaba por alí."

Este noso alcalde nunca deixará de sorprenderme. E hai que agradecerlle o seu permanente esforzo porque teñamos o sorriso na boca polas cousas que di e fai. De feito, estou pensando que causar gracia debería ser unha cualidade que terían que engadir os aspirantes a cargos públicos aos seu currículos. “Serei alcalde e, ademais, comigo non se aburrirán”, proporían como lema para captar o voto e supoño que tería certo éxito.

A última de Luis Poceiro aconteceu na manifestación diante do cuartel de Figueirido o pasado oito de decembro. Resulta que o noso alcalde ía tan tranquilo á celebración militar da Inmaculada e atopouse cunha chea de veciños e veciñas que protestaban pola zona de seguridade da Brilat que seica non deixaban paso para que el puidese entrar. Entón decidiu quedar fóra e aproveitar o día acompañando aos seus veciños na protesta.

E fixo unhas declaracións contando todo isto ao Faro de Vigo. A min paréceme que non atopou explicación coherente para xustificar a súa presenza nunha protesta contra a ministra socialita Chacón, do seu mesmo partido, e ocorréuselle esta saída. Dicindo isto non enfada ao partido e queda ben con todos.

Coma na famosa canción de L. E. Aute, “pasaba por alí”. O alcalde trata que entendamos que el non sabía nada da protesta e foi un sorpresón atopar atrancada a entrada do cuartel. Foi unha pena que o Tenente de Alcalde Paco Barcala, que andaba por alí en chándal, facendo footing, supoño, non lle dixese nada porque lle aforraría a viaxe. E foi casualidade tamén, que o Concelleiro Poza, dando un paseo de día festivo polo monte, adiviño, non lle dixese que había un monte de xente xunta ás portas da Brilat.

E é que xa o di a canción, home, “pasaba por allí/ ningún teléfono cerca/ y no lo pude resistir”. Só que a canción ten vinte anos e daquela aínda non había móbiles pagados polo concello.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

OPINIÓNS ANTERIORES

(28/11/08) " Mirando atrás con ira. "

(13/11/08) " Paulino, unha homenaxe. "

(15/10/08) " Un asunto persoal. "

(02/10/08) " Clandestino. "

(17/09/08) " Triste é o cantar que cantamos. "

(03/09/08) " Escacha a placa!"

(16/07/08) " Nada "

(18/06/08) " Parálise."

(20/05/08) "Vilaboa sen ideas."

comentarios recibidos (1)

Enviado por: Cliford, 2008-12-10 10:19:29 PST

1.  É un fenómeno o alcalde noso. Tanto lle ten estar do lado dos veciños que estar firmes no desfile. El sempre de perfil para que non o pille o touro. saudos

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos