Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Xabier Míguez Santos
Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa
18-06-2008
Parálise.
Só unhas breves e urxentes notas sobre a situación de completa parálise política de Vilaboa, entendendo política na seu dignísimo significado de mellora das condicións de vida dos veciños e veciñas. Estanse a deixar pasar os catro anos de goberno da Xunta bipartita sen que ninguén notase un aumento de investimento público ou a posta en marcha de calquera proxecto que nos ilusione a todos os que aquí vivimos. Nada de nada.
Estamos fóra da planificación dos parques empresariais que promove a nosa conselleira, Tereixa Táboas. Non houbo quen lle dixese onde queriamos o noso solo industrial e aprobar os instrumentos urbanísticos que lle corresponden á autoridade municipal.
Vivenda non vai facer rehabilitación urbana no noso concello porque nada se propuxo. Barrios como o Alcouce en Figueirido, precioso e abandonado exemplo de urbanismo rural galego, ou Acuña, salientable por esa sucesión de casas tradicionais e valados de pedra que merecen ser conservados, na parroquia de Vilaboa, terán que agardar a mellor ocasión.
O centro de día que precisamos para liberar a moitas familias, especialmente mulleres, da pesada carga da atención aos maiores tamén está a pasar de longo do noso concello. Vicepresidencia está a encher o país destes equipamentos, pero a Vilaboa non chegan porque o noso goberno municipal non é que de facer unha proposta seria e viable.