voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

 

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

Comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Detomeza o día 19/07/08 ás 15:35

Os veciños de Vilaboa danse conta agora, os de fora de Vilaboa xa hai ben tempo que estamos enterados de que  non se fai nada nese concello.

Xabier Míguez Santos

Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa

16-07-2008

Nada.

O outro día no bar A curva estiven falando cun veciño que se interesa pola pola situación que está a vivir o noso concello.
-Non me explico que fan eses no concello. Non se ve que fagan nada -dicíame.
-Pois eu tan pouco o vexo -contesteille.
-O que non ten explicación é que o alcalde, tendo ao Psoe no estado e na Xunta, non faga nada. Tería que traer cousas para aquí, pero non se ve nada.
Coincido plenamente co que me comentaba o veciño. Non ten explicación a nula ambición que teñen os nosos dirixentes. Porei un exemplo. A praza do concello necesitaba unha reforma. Presentáronlle un proxectiño que fixera o concello na miña etapa como alcalde para afrontalo con fondos propios. Nin se deron conta que as circunstancias políticas mudaran e era hora de facer unha reforma integral dese espazo e non colocar tubos de formigón cortados como xardineiras diante do edificio institucional máis importante do concello.
Só é unha pequeno exemplo, pero vale como indicador. Así é con todo. Vanse cumprir catro anos de xestión na Xunta de Galiza e Vilaboa está á marxe dos investimestos públicos.
Que fixeron a Consellería de Política Territorial ou Medio Ambiente, as de máis capacidade de investimento, en catro anos no noso concello? -pregúntate.
-Nada -contéstate.

 

OPINIÓNS ANTERIORES

(18/06/08) " Parálise."

(20/05/08) "Vilaboa sen ideas."

comenta esta opinión

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos