voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Xabier Míguez Santos

Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa

01-11-2008

"Muro"

As Salinas forman o espazo natural de máis valor de Vilaboa. Únense nelas as augas de regos e ríos coas do mar interior da ría de Vigo e, por sorte, libráronse de ser aterradas como lle aconteceu as xunqueiras de Redondela, Moaña, Pontevedra e moitas outras. Alí, ademais, desenvolveuse unha explotación de sal e dúcias de anos despois houbo un muiño de marés que produciu enerxía coa auga encorada polas bancas.

Para min, ademais, son parte da pequena patria da infancia. Os amigos do barrio e mais eu sempre quixemos velas restauradas e postas en valor. Desde sempre soubemos que eran tan bonitas e valían tanto que había que amañalas e facer delas un lugar do que a xente disfrutase.

Desde a oposición municipal conseguimos que se fixese un estudo do "espazo natural das Salinas de Vilaboa" grazas, entre outros, a Guillerme Vázquez, deputado daquela do BNG en Madrid, que coa súa insistencia e benfacer estivo enriba do asunto ata que foi licitado e contratado por Costas. Nel propoñíase unha actuación como a que se realizou.

Cando me tocou ser alcalde fun falar a Madrid co Director Xeral de Costas, Fernando Marín Castán, na época de Isabel Tocino como ministra de Medio Ambiente. Fernando Marín resultou ser conservador e conservacionista. "As súas ideas para as Salinas coinciden coas nosas" díxome. Encargou a redacción do proxecto e comezou a aparecer a obra nos Orzamentos do Estado. Guillerme Vázquez, primeiro, e Olaia Fernández, despois, traballaron para que non quedase só no papel.

As obras que se levan feito responden a aquel proxecto e a aqueles números, agás no muro que Luis Poceiro levantou ao leste da banca exterior como peche dunha propiedade particular. O alcalde construíulle un auténtico e disparatado búnquer a uns veciños. Pagou cos cartos de todos nós un muro que nos tapa o mar. Pagou un muro que nos priva da servidume de tránsito que nos garante a lei. Pagou un muro nos tapia a visión con granito gris.

E fíxoo porque non ten criterio e tanto lle ten todo fóra do postiño que o ocupa e que tan contente o ten. Pero desta vez debe saber que traspasou o que estamos dispostos a tolerar: As Salinas son demasiado importantes para deixalas nas súas mans.

Vilaboa, 31 de outubro de 2008.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

OPINIÓNS ANTERIORES

(15/10/08) " Un asunto persoal. "

(02/10/08) " Clandestino. "

(17/09/08) " Triste é o cantar que cantamos. "

(03/09/08) " Escacha a placa!"

(16/07/08) " Nada "

(18/06/08) " Parálise."

(20/05/08) "Vilaboa sen ideas."

comentarios recibidos (13)

13. Enviado por: barrenas, 2008-11-13 13:44:52 PST

Perdoa,pero eu creo que si habia un muro de bloques,o mellor estou confundido.

12. Enviado por: Vimbio, 2008-11-13 03:55:55 PST

Antes de falar, barrenas, infórmate, porfa. Non había muro ningún alí porque están prohibidos pola lei de costas.

11. Enviado por: barrenas, 2008-11-13 03:28:21 PST

Non vexo porque tanto escandalo por un muro,inda por riba de que lle tiran o muro antigo o normal e que lle fagan outro,iso fixose sempre,fixo o pp,fixo o bloque,e faino o psoe, no que estou dacordo e que quedaria mellor en pedra pais que en pedra porriño.

10. Enviado por: Debertola, 2008-11-12 05:48:43 PST

Amigo Vizarallas felicitoche pola magnifica descripción deste voceiro dixital, nin eu o faría mellor!!!!

9. Enviado por: Vizarallas, 2008-12-10 07:21:45 PST

Amigo Xabier, parece que a política parasitaria góstalle moito ao psoe. Eles sempre aproveitandose do traballo e das ideas dos demais, e o peor é que nen sequera saben levalas a cabo ben. Ao tal "Bértola", decirlle que el máis ca medo dá pena, non hai máis que ver o despropósito dos comentarios que evacúa ao longo e ancho deste magnífico voceiro dixital. Amigo Bértola, no psoe, xa que sodes moito de copiar o que fan os demais, debiades de facer algo parecido e así teriades onde vomitar o voso veneno e rencor, e deixar de enmerdar o bo traballo que fan os demais.

8. Enviado por: Xabier Míguez, 2008-11-09 11:34:45 PST

 Dexeneramos, anónimo concelleiro do goberno. Sen discurso que a artelle, a acción política pode limitarse a unha bombilla aquí, un tubo alá e un metro de formigón acolá.
Ou a pagarlle un muro de máis de 30.000 euros a un particular, que é por onde empezamos e non vaia a ser que os nosos aprezados lectores e lectoras se non perdan.
Un saúdo.

7. Enviado por: Bértola, 2008-11-09 06:10:06 PST

 "Facta, non verba"

6. Enviado por: Estelb, 2008-11-08 07:53:22 PST

se a miña memoria non falla... o tema das Salinas xa ven de fai moito tempo, e por non variar foi por iniciativa do BNG...
desgraciadamente 4 anos de goberno non dan para nada,en este caso foron do BNG... e así é como parece que os do PSOE se colgan os méritos dos outros...

5. Enviado por: Xabier Míguez, 2008-11-08 02:01:43 PST

Prezado segundo amigo de Bértola:
Constato que os concelleiros do Psoe cambiastes o discurso nas últimas horas sobre a orixe das obras das Salinas. Alá vós!
O BNG vai seguir traballando pola segunda fase da recuperación ambiental centrándose na ínfima calidade das augas e para que se habiliten como lugar de baño, pola restauración do muíño de marés e para conectalas con Acuña e Santa Cristina.
Pero non vos distraiades mirándovos o embigo porque vos pode levar a corrente!
Un saúdo.

4. Enviado por: Debertola2, 2008-11-07 10:42:41 PST

Amar amaras as Salinas pero o que puxo en marcha a recuperación foi o Psoe....

3. Enviado por: Xabier Míguez, 2008-11-04 11:04:50 PST

Prezado veciño de Bértola:
Lamento que errase no texto e producise en ti unha emoción, o medo, que baixo ningún concepto buscaba. Máis ben buscaba outras emocións: a vergonza dos responsables da desfeita e a indignación dos que amamos as Salinas e dos que pagamos impostos. Do outro tema que introduciches necesitaría máis referencias porque ando algo perdido.
Espero maior concreción.

2. Enviado por: Debertola, 2008-11-04 04:59:09 PST

O xavi da medo a veces, manda carallo, pero das pistas a entradas particulares que asfaltou en bertola cando "mandaba" non di nada

1. Enviado por: Deparedes, 2008-11-01 12:52:26 PDT

Querido Xabier este muro é arte moderno segue a linea dos proxectos de Calatraba.

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos