voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Xabier Míguez Santos

Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa

28-11-2008

"Mirando atrás con ira"

O Psoe local leva ata as últimas consecuencias a máxima de Pepiño Blanco: “la culpa siempre es de los otros”. Só que se se espreme iso sen ter conta pódese chegar ata a casca da laranxa e máis alá aínda. E isto foi o que pasou no Pleno de novembro.

A min, en concreto, produciume vergoña allea pola falta de respecto á intelixencia do público que asistiu á sesión. Comezou o furioso Paco dicindo que a culpa de que Vilaboa non tivese PXOM era do BNG que non aprobara o planeamento antes do ano 2002. Leu datas, cifras e prazos de ducias de papeis para vir a dicir que despois deste ano o Estado e maila Xunta estiveron a mover a portería e desde aquela non hai quen meta un gol. En consecuencia lóxica, a culpa é do BNG, e díxoo verdadeiramente enfadado.

As pingueiras que pudriron a tarima flotante da Casa de Cultura de Río Maior tamén son culpa do BNG. A tarima colocouse hai dous anos, pero a culpa é nosa por non ter amañado a cuberta cando correspondeu gobernar. O mozo Poza foi o que chegou a esta sabia conclusión e adobiouno con varios tecnicismos decorativos como moqueta flotante e moquetarima que habería que incorporar  a “Nuevo estilo” e “Interiores”. Supoño que recibiría a amonestación do mago Paco despois do Pleno por forzar tanto a explotación do argumento da culpa.

E, amigos do BNG, eu aínda estou contento, porque nos imos librando de que acontezan peores calamidades. Voulle poñer unha vela a San Martiño para que non caia a rectoral de Cobres ou non queden sen calefacción en pleno inverno na galescola. Dariamoslle a perfecta oportunidade para que nos comparasen a Derribos Arias e ao Sacaúntos. 

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

OPINIÓNS ANTERIORES

(13/11/08) " Paulino, unha homenaxe. "

(15/10/08) " Un asunto persoal. "

(02/10/08) " Clandestino. "

(17/09/08) " Triste é o cantar que cantamos. "

(03/09/08) " Escacha a placa!"

(16/07/08) " Nada "

(18/06/08) " Parálise."

(20/05/08) "Vilaboa sen ideas."

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos