voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Xabier Míguez Santos

Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa

13-11-2008

"Paulino, unha homenaxe"

Hoxe 13 de novembro cúmprense seis anos desde que apareceu nas nosas vida o petroleiro Prestige. Daquela, eu era alcalde de Vilaboa e asistín en primeira liña a farsa de mentiras e incompetencia en que o PP converteu a xestión do accidente. Aquilo durou ata o 19 de novembro e lémbroo cunha mestura de indignación e orgullo: indignación polo tratamento recibido polo país do goberno Aznar e a instrumentación falsa e interesada da oposición estatal, que culminara con aquel asunto da falsificación das fotocopias do despois ministro Caldera, e orgullo pola resposta dada polo BNG, con Paco Rodríguez á cabeza, xustamente ponderada mesmo polos nosos enemigos mediáticos, polo pobo galego que se autoorganizou arredor de Nunca Máis e pola xente do mar, entre os que estaba o meu amigo Paulino García Canda.

O 2 de decembro chegaban noticias confusas sobre a entrada de chapapote na ría de Vigo. Chamei á Subdelegación do goberno en Pontevedra e dixéronme que estivera tranquilo, que non había noticias certas e que me avisarían en canto se soubese algo. Pola noite, nunha xuntanza no local dos bateeiros de Moaña, un representante da Capitanía Marítima de Vigo repetía a mesma información. Os bateeiros deciden que sería bo saír pola mañá para ver se había algo no mar. Hai que poñer un barco e ir vixiar ao mar. Hai dúbidas e algúns temen estragar o barco porque as manchas de chapapote anularían o uso do barco durante días ou semanas.

   -O barco póñoo eu -dixo Paulino, nacido en Paredes e veciño desde había  anos de San Adrián de Cobres, un dos maiores bateeiros da ría-. Mañá imos ás Cíes para ver que hai alí.

Pola mañá cedo chameino. Acababa de amencer e a claridade do día permitiulle por primeira vez ver o que estaba a pasar.

-E inmenso, Xabi -díxome coa familiaridade que nos daba o trato case familiar-. E unha cousa negra que vén por debaixo, case non o ves. E haino por todas partes, desde detrás das Cíes.

Aquel día, a medía mañá, Paulino descargaba en Cangas o primeiro chapapote da ría de Vigo. Collérao coa grúa do barco e enchía uns colectores brancos que lle subministraran. Loitaba coa afouteza e a determinación do que ve peligrar o seu modo de vida, sen esperar nada a cambio. Eu, que estaba alí con el cando descargou, sentía non poder ser útil naquel momento coma aquel home decidido e valente.

E, á vez, estaba orgulloso de que Paulino García Canda fose meu amigo e veciño do concello do que era alcalde.

Vilaboa, 13 de novembro de 2008.

Imprimir   Recoméndalle esta noticia a un amigo

OPINIÓNS ANTERIORES

(15/10/08) " Un asunto persoal. "

(02/10/08) " Clandestino. "

(17/09/08) " Triste é o cantar que cantamos. "

(03/09/08) " Escacha a placa!"

(16/07/08) " Nada "

(18/06/08) " Parálise."

(20/05/08) "Vilaboa sen ideas."

comentarios recibidos (1)

1. Enviado por: Fusquenlla, 2008-11-13 12:45:23 PST

Unha bonita, emotiva e merecida homenaxe, Xabier.

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos