Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa
Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.
Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.
Xabier Míguez Santos
Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa
07-08-2008
Desculpen vostedes .
O outro día durante o Pleno de xullo asistimos a unha actuación completísima do noso José Luis Poceiro, en parte á vosa disposición na nosa web. Con ela conseguiu que o escaso público abandonase a sesión e pensase que o alcalde padece trastorno bipolar.
Comezou moi correcto felicitando á nosa portavoz polas novas responsabilidades que asume. Rematou, como tantas outras veces, insultando.
-En que mans estamos! Empeza felicitándoa e, acto seguido, xa cambiou e todo o tempo estivo faltandolle ao respecto -disque dixo un dos asistentes.
Os que o coñecemos non llo temos en conta. Xa sabemos como é, de que pé coxea e nin sequera fere aínda que queira. Pero o público non ten por que aturar eses continuos cambios de carácter e faltas de respecto. Un que sente verdadeira vergonza allea do que aconteceu, rógalles que entendan que nós nesas situación tamén nos sentimos desolados.
-Desculpen vostedes.
Non tes nada que disculpar ao contrario somos nos quen che temos moito que agradecer polo teu traballo, ata Luis Poceiro recoñece que foches o mellor alcalde de Vilaboa, e co teu traballo actual estas calando moitas bocas dos que dician que so che interesaba á alcaldia