voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Xabier Míguez Santos

Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa

02-10-2008

"Clandestino"

Dicía hai uns días a nosa portavoz, Ornela F. Salgado, que o orzamento do Concello de Vilaboa era un orzamento clandestino porque foi aprobado á marxe dos principios de publicidade e participación. Pediu un pronunciamento público do goberno municipal sobre este asunto no que deran a coñecer os acordos acadados co PP e as liñas prioritarias de actuación para este e vindeiros anos. Non tivo resposta ningunha e iso debe ser motivo de reflexión.

Cando un ou varios prefiren agacharse e non dar conta das cousas que fan chámaselle vergonza. Vergonza por non poder dicir en público que chegaron a acordos co seu "adversario natural", culpa por acceder a dar 300.000 euros a un partido para que os gaste ao seu antollo, intranquilidade por non abrir nin sequera o diálogo co grupo co que ten asinado un acordo a nivel galego, remordemento por poñer escusas puerís sobre o mal ou bo ton, ou mesmo por acudir á sintonía persoal para xustificar a política en minúsculas, a politiquería.

O Psoe pensa que os votos do BNG en Vilaboa son seus, roubados, e contaban con que nas eleccións do ano pasado volveran á súa saqueta. Agora contan con que suceda no 2011, nas proximas municipais. E isto, queridos amigos, se  o pensas, se de verdade estás convencido disto, leva a que contamine todo, a que todo apodreza, a que a política se convirta en pestilencia e o aire se faga irrespirable. O obxectivo é aniquilar, destruír, eliminar ao outro.

Afortunadamente, esta análise deturpada da realidade política de Vilaboa vaise ver, máis unha vez, corrixida nas eleccións autonómicas do ano que vén, cando o BNG volva a repetir uns magníficos resultados entre nós. Agardemos que alguén no Psoe os saiba ler e volva o sentido común á política municipal. Para  saír das cloacas e volvan a correr augas limpas polo Toural, para que Vilaboa teña un proxecto de futuro claro e definido, para que o orzamento deixe de ser clandestino.

OPINIÓNS ANTERIORES

(17/09/08) " Triste é o cantar que cantamos. "

(03/09/08) " Escacha a placa!"

(16/07/08) " Nada "

(18/06/08) " Parálise."

(20/05/08) "Vilaboa sen ideas."

comentarios recibidos (2)

Enviado por: Carolo, 2008-10-05 13:34:39 PDT

2. Querida Pepa tes moita imaxinación, non reparas en que este goberno socialista non é capaz de sacar adiante o novo PXOM, non foron quen de aprobalo en catro anos como prometeran, nin nun ano  como volveron prometer. Mentras tanto os que temos negocio temos que marchar de Vilaboa.

Enviado por: Pepa A Loba, 2008-10-04 05:32:49 PDT

1. Non vos enterades de nada o pacto clandestino está nas parcelas urbanísticas o tempo dirá como quedan as de algún histórico do PP. Moción de censura xa.

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos