voltar á páxina principal

Mocións presentadas polo BNGDocumentos elaborados polo BNGDescarga de arquivosConvocatoria de subvencións, axudas,...Entra a formar parte da militancia do BNG de Vilaboa

Se ves a páxina con erros usa o navegador Firefox

 

Recebe no teu correo-e as novidades da política municipal de Vilaboa

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

 

Xabier Míguez Santos

Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa

15-10-2008

"Un asunto persoal"

Hai uns días andei uns días cavilante porque o meu amigo e concelleiro Tomás Boullosa me fixo unha crítica aos meus artigos. Di que fago referencias persoais aos nosos adversarios políticos nos meus artigos. Como non é esta nin moito menos a miña intención vou tratar de explicar como entendo eu isto dos comentarios persoais.

Nun Pleno, o alcalde Luis Poceiro di que é imposible chegar a acordos co BNG porque non hai quen nos ature. Noutro, dinos que somos un perigo para Vilaboa. No seguinte, despois de chamarnos as trescentas, vai e di que o problema é a incompatibilidade de caracteres.

O BNG, en cambio, sempre dixo, no anterior mandato e no que levamos deste, que non había ningún problema persoal coa xente do Psoe. Ningún. Hai diferencias políticas, iso si, e moitas, pero estamos dispostos a gobernar con eles en base a un programa común en canto queiran. Porque iso non o podemos decidir nós, evidentemente. Teno que decidir o alcalde.

E non hai ningún problema persoal porque aprendemos que as diferencias non hai que centralas nas persoas senón no que fan. De feito, se te centras nas persoas nunca se vai avanzar e pode producir reaccións defensivas. Por exemplo, é distinto dicir "Es un burro" a dicir "Tes que facer un esforzo por mellorar na ortografía", por poñer un caso. No primeiro caso estás facendo unha caracterización esencial, inamovible, persoal. No segundo, falas dunha asunto adxectivo, dinámico, non persoal.

E niso se basea a acción do BNG, na acción política, non persoal.

OPINIÓNS ANTERIORES

(02/10/08) " Clandestino. "

(17/09/08) " Triste é o cantar que cantamos. "

(03/09/08) " Escacha a placa!"

(16/07/08) " Nada "

(18/06/08) " Parálise."

(20/05/08) "Vilaboa sen ideas."

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

© BNG Vilaboa 2007-2008| Inicio | Nós| Escríbenos