Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
OPINIÓN E COLABORACIÓNS
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

XABIER MÍGUEZ SANTOS

Concelleiro do BNG en Vilaboa

Alcalde entre os anos 1999 e 2003

 

11-11-2009

San Martiño e o mapa mental do disparate

O meu amigo Tomás Boullosa, o concelleiro encargado dos asuntos culturais no grupo municipal, criticou nunha nota de prensa que por primeira vez en anos non haxa o magosto tradicional deste día. San Martiño é día santo local e celébrase un santo de fonda raigame nosa, artífice da parroquia, a célula territorial básica do país. Como celebración civil, o magosto é tamén a festa da fin do ano agrícola, cando o que deu a terra xa está nos canastros e o viño novo está para encertar.

Ao grupo de goberno non lle debeu parecer moi ben o comentario na prensa e a resposta que deu o PSOE é das que non ten desperdicio porque a meu entender é das que aproxima a política ao puro disparate, tipo comedia dos Marx, un exemplo brillantísimo de puro irracionalismo dialéctico.

“Non temos quen nos pida a axuda para o magosto nin quen o organice”, dixo o concelleiro Poza no Diario de Pontevedra.  “Hai edís do BNG que son veciños da parroquia que se tanto ían botar de menos o magosto, deberon promover eles unha comisión de festas, e non andar botándolle as culpas ao PSOE de todo”.

Fechen a boca que teñen aberta e tratemos de descifrar o proceso intelectual do disparate:
Primeiro: O concelleiro non ten quen lle pida cartos coma o famoso coronel de García Márquez.
Segundo: O concello non ten por que organizar o magosto.
Terceiro: O concello non pode dinamizar a participación dos veciños e veciñas nunha comisión.
Cuarto: Os concelleiros do BNG non poden criticar a falta de xestión municipal, papel que lles corresponde como oposición.
Quinto: Os concelleiros do BNG de Vilaboa son responsables de que non haxa comisión nin magosto.

A secuencia lóxica da argumentación nihilista do Sr. Poza mesmo chega a cuestionar a súa propia viabilidade como xestor municipal: para que queremos un concelleiro de cultura que non ten a quen dar subvencións, que non organiza actos culturais nin é capaz de falar coa xente para poñerse de acordo en asar unhas castañas?

Mire, Sr. Poza, se vostede se me pon tan trascendental, se vai a cuestionarse a si mesmo por isto, no se preocupe, hom, o ano que que vén aso eu as castañas e aquí paz e despois gloria.

comentarios recibidos (5)

5. Enviado por: David, 2009-11-12 22:24:19 PST

Ola.

Como xa comentei noutro artigo desta web, o principal culpable de que non se faga o tradicional magosto e que non hai comisión de festas, e claro esta que disto non e culpable o concello nin a oposición, senón os veciños que non decidiron facelo.

Tamén estou de acordo con "Muelas", e seguro que si o fixese o BNG xa dirían: mira eses que queren ser máis có concello.

Pero, penso eu que no caso do Magosto e sen que servise de precedente para o resto de Festividades (Para min o concello non debe asumir o tema das festas), O Concello podería, organizar o magosto, sen festa, simplemente un magosto con castañas e viño novo. Pero que conste que os principais implicados nestas festas teñen que ser os veciñ@s, que tamén teñen moita parte de culpa como xa dixen.

Dende aquí tamén quero dicir que onte xoves 12-11-2009, falamos co Concello e nos da as castañas para o magosto que a Asociación de Postemirón esta a organizar, cando fan algo bo tamén hai que dicilo.Grazas de parte de toda AAVV Postemirón-Graña

www.postemiron.es/web

PD. Por ultimo dicir que me parece moi fácil dicir algo ou criticar algo detras de seudonimos e nomes raros que nos manteñen no anonimato.
Basta xa de "castaña" "castañiña" e cousas así,

4. Enviado por: castañeira, 22009-11-12 14:13:58 PST

Querido David, entendo que a prosa demagóxica e lacrimosa de Miguez, con ese estilo romántico e incluso cursi que ten sexa para ti dogma de fé, pero... preguntaches realmente si dende o concello non se tratou de falar ou de animar a xente para facer a festa do San Martiño, crees realmente que si o desinterés da xente é tal debe o concello asumir a realización da festa? debe o concello tamén facer as festas parroquiais que queden sin facer? penso que hai un certo grado de corresponsabilidade neste tema porque sin dous non pelexan si un non quere igual a festa non se fai si un non quere.

3. Enviado por: David, 2009-11-11 22:25:19 PST

Ola.

Para min parte da culpa téñena os veciños que non se organizan para levar a diante festividades deste tipo, pero tamén e verdade que o concello de Vilaboa, e en especial o Concelleiro de Cultura, debería e podería facerse cargo de organizar e de xuntar a xente para facer un magosto, o que hai que ter é iniciativa e ganas de facer cousas para os demais, eu creo que iso é o que faltan, as ganas de facer cousas sen esperar nada a cambio.

www.postemiron.es/web

2. Enviado por: castaña, 2009-11-11 14:11:57 PST

Dígome eu que os veciños tamen teran parte nesto, como o tal Toural, porque en definitiva si se deixan de facer as festas e o concello ten que tomar man delas mal imos ir...ou é que a vosa política nisto é igual que a que aplicastes cos alcaldes de barrios e así estan os camiños que non hai quen faga bos deles. Liberemos o pobo dos seus males e pesares(vamos, de traballos) señor Miguez!!! seguro que así nos vai ir mellor... por certo apuntome a votarlle unha man o ano que ven, que sempre hai opcións, algo que o concello debeu buscar.

1. Enviado por: Toural, 2009-11-11 08:35:59 PST

Caiu vostede da burra Sr.Miguez, toma castaña, que alguén me diga que é o que aporta o goberno socialista a máis neste concello do que xa fan asociacións e veciños.

comenta esta opinión

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

ARTIGOS ANTERIORES

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.