Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
 
Voceiro dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

Xabier Míguez Santos

Ex-voceiro e concelleiro municipal do BNG en Vilaboa

01-02-2009

Anxo Quintana

Coñecín a Anxo Quintana fai catorce anos. Eu acababa de ser elixido concelleiro en Vilaboa e convocáronme a unha xuntanza á que el ía asistir con Pepe Novas, Xabier Abalo e Euloxio Gutiérrez, alcaldes de Bueu, Moaña e Cangas e concelleiros de Vilaboa e Marín. O obxecto da xuntanza era falar sobre a experiencia de Allariz explicada polo seu alcalde daquela.

Aprendín moitísimo co que Anxo Quintana nos aprendeu. A tese básica na súa acción política era que os responsables municipais tiñamos que facer unha observación do territorio e descubrir as posibilidades que posuía. Logo, aconsellounos centrarnos nun número pequeno e importante de cuestións e facer partícipe da xestión á sociedade. Creo que foi moi unha ensinanza moi boa e utilísima.

Teño para min que daquela xuntanza os alcaldes do Morrazo saíron convencidos de aplicar o modelo. Despois viñeron o coñecido Plan de Residuos do Morrazo baseado na recuperación da fracción orgánica, a defensa da costa fronte á ocupación ilegal nos tres concellos e o fortalecemento da Mancomunidade, única agrupación de concellos con vida propia na nosa provincia.

Anxo Quintana debe seguir aplicando o seu modelo. Vese na súa brillantísima xestión na Vicepresidencia: galescolas, centros de día, transporte adaptado e tempo de mulleres. Hai a quen lle custa recoñecela, pero coincido con Antón Losada cando a califica da “revolución dos servizos sociais”.

O BNG parte, nesta eleccións, coa ventaxa do seu candidato a presidente. Fronte ao universitarismo soso e funcionarial do candidato Touriño e o señoritismo aldeán do candidato Feijóo, Quin ofrece coñecemento, capacidade e proxecto de país. E polos desmesurados ataques que está a recibir por parte de certos sectores mediáticos, semella que isto chegou á xente.

comenta este artigo

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

ARTIGOS ANTERIORES

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.