Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
OPINIÓN E COLABORACIÓNS
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

XABIER MÍGUEZ SANTOS

Concelleiro do BNG en Vilaboa

Alcalde entre os anos 1999 e 2003

 

27-03-2009

650.000 nacionalistas.

Segundo o CIS en Galiza hai máis de 650.000 nacionalistas. Foron os galegos que contestaron á pregunta directa: Considérase vostede nacionalista galego? Un 28.2 de todos aos que lles preguntaron.

Estes números fan que o BNG teña que reflexionar. Entre todos os militantes e simpatizantes temos que buscar as causas de que só nos voten unha parte deses cento de miles de nacionalistas. Teremos que actualizar e adaptar o instrumento de que nos dotamos os nacionalistas para defender o noso proxecto político nacional. E nesas estamos.

Por iso estes días andamos de xuntanzas e debates, de reflexión e acordos. Creo que xa o teño dito aquí noutros artigos: sen o nacionalismo galego, o país non sería pensado, nin existiría e é moito o que o nacionalismo leva aportado ao progreso do país, desde Faraldo a aquí, desde Rosalía e Castelao, desde Bóveda. É un río cheo de auga que chega desde regos e regatos, da chuvia e das fontes e nunca é o mesmo río e sempre é o mesmo.

Neste últimos anos o río chamouse Anxo Quintana e agora levará quizais outro nome. E seguirá sendo un río limpo e xeneroso, de dignidade e de servizo ao país.

comenta esta noticia

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

ARTIGOS ANTERIORES

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.