Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
OPINIÓN E COLABORACIÓNS
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

XABIER MÍGUEZ SANTOS

Concelleiro do BNG en Vilaboa

Alcalde entre os anos 1999 e 2003

 

23-11-2009

Lei de Costas

Desde sempre fun un defensor da Lei de Costas. Paréceme positivo que haxa un instrumento público de protección do litoral que evite presión sobre un medio fráxil e valioso. Sen embargo, a Lei de Costas non ten boa prensa entre os nosos veciños e veciñas, probablemente polo nulo esforzo que fixo a administración por adaptala á nosa realidade.

Unha disposición transitoria desta lei rebaixa a servidume de protección de 100 metros a 20 metros nos terreos que estiveran clasificados como urbanos á súa entrada en vigor. E aquí veñen os problemas. O planeamento aprobado de Vilaboa considera núcleos de poboación os  núcleos costeiros e, sen embargo, o Estado non os recoñece como urbanos.

E son urbanos. Urbanos son os terreos que que se dedican a vivenda e iso son os nosos núcleos. Pero en Madrid teñen dificultade para recoñecelos como tales porque é unha categoría de solo, os núcleos rurais, que non existe no urbanismo español, pero si no galego.

Cando lles fagamos entender, e nisto temos que comprometernos todos, ao Estado que aquí vivimos nos núcleos rurais, que nalgún momento se chamaron Solo non Urbanizable/Nucleo Rural Existente Tradicional, teremos unha Lei de Costas adaptada á nosa realidade singular e ben valorada polos habitantes de Vilaboa, como merece unha lei que protexe o que é de todos.

comentarios recibidos (2)

2. Enviado por: Tigana, 2009-11-25 23:46:04 PST

Vamos a ver...porqué no nos dejamos, de una puñetera vez, de tirarnos los trastos a la cabeza los de un partido o de otro?...de culparnos mutuamente porque hiciste o no hiciste esto o lo otro?....SEÑORES, seamos serios y en vez de mirarnos complacientes el ombligo arrimemos todos el hombro, que esta tierra y lo que a ella concierne nos atañe a todos nosotros.
Dejemos de portarnos como niños malcriados e intentemos solucionar las cosas de forma consensuada antes de que nos exploten en la cara.
Demuestren ustedes que sirven para algo más que para calentar el asiento o para (presuntamente) llenarse los bolsillos (eso es lo que piensan la mayoria de los ciudadanos y si no lo creen consulten).
Siéntense todos e intenten gobernar en armonia, sin dejarse llevar por intereses partidistas, teniendo en mente solamente el bienestar final de los ciudadanos.
(Dicen que de ilusiones también se vive)

1. Enviado por: juan lópez ones, 2009-11-23 09:16:01 PST

Boas tardes D. XABIER MÍGUEZ SANTOS, Alcalde entre os anos 1999 e 2003:


Corríxame si me equivoco:
A lei de costas no seu plantexemento incial é anterior a chegada do bipartito a Xunta , (decreto 151/1995).
Estiveron vostedes 4 anos nos gobernos da xunta (Decreto 158/2005 de 2 de junio).
Por que non se fixeron entender daquela?
Por que non se pelexou/cambiou este punto?
"é unha categoría de solo, os núcleos rurais, que non existe no urbanismo español, pero si no galego"
Que pretende contarnos: ¿que se paltexa un ordeamento urbán que non vai ser aprobado por que non existe esa clasificación de solo?
Unha de dúas, ou nos engaña a empresa redactora do PXOM e o Concello plantexando algo irrealizable, ou non conta vostede toda a verdade.

comenta esta opinión

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

ARTIGOS ANTERIORES

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.