 |
XABIER MÍGUEZ SANTOS
Concelleiro do BNG en Vilaboa
Alcalde entre os anos 1999 e 2003 |
|
14-02-2009
Goberne, home goberne.
Seica o noso alcalde vai tirar do caixón o proxecto de Plan Xeral de Ordenación Municipal. Convocou ao BNG a unha xuntanza para anunciar a boa nova. Díxonos que os tempos son chegados do novo urbanismo para Vilaboa. Ímolo ver.
O BNG fixo as súas propostas para seren recollidas hai un ano e un mes e agora contestan que non pode ser. Propoñiamos a ampliación de núcleos, varios solos urbanos e o desenvolvemento de solo industrial.
Vilaboa é un caso insólito no mundo municipal galego. Creo que debe ser o único concello no que o equipo de goberno andou a ensinar un documento e dixo que eles non o fixeran e, polo tanto, non asumían a súa defensa. Isto veuvos sendo alá polo ano 2004 e nunca máis se soubo.
A planificación a longo prazo, e o PXOM éo, é unha potestade indelegable da dirección. Imaxinaivos unha dirección de calquera institución que renunciara á planificación a varios anos vista: renunciaría a definir por onde vai ir a institución no futuro, próximo e afastado. Máis ou menos, fálase de que un Plan de Urbanismo ten unha vixencia de dez anos e a partir de aí hai que facer outro.
O BNG dixo isto na xuntanza. Pediulle ao equipo de goberno que fixese pública a súa proposta e que asumise a súa defensa. Nós fariamos pública a nosa e contrastariamos pareceres publicamente tamén. Pero o que non podemos permitir os veciños e veciñas de Vilaboa é que a dirección do concello de Vilaboa siga obxectando das facultades que ten.

comenta esta noticia

       |
|
AXENDA |
ARTIGOS ANTERIORES
- "Anxo Quintana", 01/02/2009
- "Non van poder votar", 26/01/2009
- "Crer no país", 15/01/2009
- " Pasaba por alí. ", 10/12/08
- " Mirando atrás con ira. ", 28/11/08
- "Paulino, unha homenaxe. ", 13/11/08
- "Muro. ", 01/11/08
- " Un asunto persoal. ", 15/10/08
- "Clandestino.", 02/10/08
- "Triste é o cantar que cantamos. " ,17/09/08
- "Escacha a placa!", 03/09/08
- "Desculpen vostedes " 07/08/08
- "Nada ", 16/07/08
- "Parálise.", 18/06/08
- "Vilaboa sen ideas.", 20/05/08
|