Edita: Consello Local BNG de Vilaboa
 
OPINIÓN E COLABORACIÓNS
Voceiro Dixital do Bloque Nacionalista Galego de Vilaboa

XABIER MÍGUEZ SANTOS

Concelleiro do BNG en Vilaboa

Alcalde entre os anos 1999 e 2003

 

01-05-2009

Falo Guachilai

Isto dicían nunha canción Os Resentidos e quero recuperar esa fonda retranca do Reixa novo para referirme á empanada lingüística que teñen os do goberno da Xunta. A filosofía seica é a da “liberdade lingüística” na que un pode decidir libremente que lingua falar e os papis e mamis poden decidir a lingua na que os seus fillos e fillas reciben as clases.

Nada máis social nos seres humanos cá lingua. Se houbese un só home ou muller no mundo non existiría a lingua porque non a necesitaría, sería un ser asocial. A lingua aparece como produto da vida en sociedade e non como elección individual dunha persoa. Se unha persoa decidise falar guachilai no noso concello, por exemplo, ninguén falaría de que é unha cuestión de liberdade individual senón que avisaría ao 112 para que o viñesen ver.

Como produto social que é, corresponde á sociedade decidir sobre o relacionado coa lingua. E en situacións de convivencia lingüística ten que decidir que estatus lle concede a cada unha das linguas en contacto.

E aí está a clave do asunto. Feijóo, que pertence á primeira xeración da súa familia que cambiou de lingua inicial do galego ao español, entende que os galegos e galegas o votaron pola inexistente imposición lingüística e a favor da liberdade de uso da lingua e está decidido a perpetrar a maior agresión ao galego desde a transición, entroncando coa mellor tradición do “hable usted bien” do franquismo. Trátase de promover a desaparición do galego como lingua de uso en ámbitos formais e consolidar a súa secundarización e posterior desaparición. Saibamos todos que iso é o que se propón aínda que non o diga porque non é politicamente correcto nin, a verdade, quedaría moi bonito nos xornais.

Por iso eu fago unha proposta en nome da liberdade lingüística de Feijoo and company: que os de Vilaboa falemos guachilai. Veredes como damos a nota. 

comentarios recibidos (2)

2. Enviado por: humildeopinion, 2009-05-13 01:44:32 PDT

Todo iso está ben, pero:
"aljo" pasou,a xente apoiou outra opción, non se chegou coa mensaxe a xente, os galegos e galegas miraron a xestión feita como un ataque ao seu dereito de falar o que lles pete.
Non se pode impoñer nada, nin tan siquera a nosa língua.
O que hai que facer e fomentar a publicación de literatura en galego ( e moi dificil atopar un betseller en galego), promover software en galego, publicar prensa en galego,..., deixarse de demagoxía, e non recurrir sempre ao (mesmo) pasado como xustificación de determinadas accións. (podiamos chegar ata os romanos, ou maís aló).
Considero que as politicas adopatadas polo bipartito, nesta materia, foron unha arma arroxadiza nas mans de xente sin ningún tipo de escrúpulos,e que se empregou indiscriminadamente, cos resultados vistos.
As formas, xunto coas ideas e as iniciativas, son fundamentais.
Non fallaron nin as ideas nin as inciativas.
Con todas as facilidades que temos, porque a xuventude  sigue a falar en español cada vez máis ¿? (será porque no é incompatible falar dúas ou tres línguas, e aplicar cada unha no entorno que un considere necesario?)
Por que ten que ser discriminatoria a lingua para acceder a postos públicos , que requiren unha gran especialización, e con perfís difíciles de atopar (médicos especialistas por exemplo),…?
( non o podo entender.)
Por que a xente considera as galescolas como chiringuitos ideolóxicos, para impor unha lingua? (será polas formas?)
En canto a súa frase ” Trátase de promover a desaparición do galego como lingua de uso en ámbitos formais e consolidar a súa secundarización e posterior desaparición”, :
Esta língua non vai desaparecer, porque nin o franquismo o consigiu, nin  a xente o vai a permitir.
A súa premonición  apocaliptica, é a que me da medo…
Non me sinto representado pola súa opión, repetable por outra parte, e coma min, me imaxino que moita xente que pensa moito o seu voto.
Grazas por deixarnos dar a nosa opinión (e do pouco que nos queda).

1. Enviado por: Pitu, 2009-05-03 04:26:35 PDT

Bo artigo, Galicia canibal comémonos a nosa lingua, pero hai que reflexionar, a tutti churrasco.

comenta esta opinión

Nome
Correo-e
Comentario

Debes cumprimetar tódolos campos. O correo electónico non se mostrará. O BNG de Vilaboa non se fai responsable do contido dos comentarios. Non se publicarán os comentarios ofensivos ou que sexan sospeitosos de non respetar a legalidade vixente.

 

Recebe no teu correo-e as novidades da Web

correo-e

Tamén podes receber gratuitamente as novidades no teu móbil enviando unha mensaxe coa palabra ALTA ao 650784558. (coste da mensaxe, según tarefas operadores). Para darte de baixa no servizo envía unha mensaxe coa palabra BAIXA.

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa establecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.

AXENDA

 

ARTIGOS ANTERIORES

 

Inicio | Nós| Escríbenos| © BNG Vilaboa 2007-2009. Autorízase a reproducción dos artigos (excepto os de opinión) sempre que se cite a fonte.